A beluga
A beluga é un mamífero mariño que destaca pola cor crara e a súa cabeza grande co fuciño curto.
É unha especie de cetáceo odontoceto que pertence á familia dos monodóntidos. Teñen a pel totalmente branca. O seu tamaño é intermedio entre as baleas e golfiños. O macho pode medir 5,5 metros e acadar un peso de 1600 kg. Faltalles unha aleta dorsal. A forma da cabeza é diferente a dos demais cetáceos, xa que teñen un melón voluminoso e lobulado.
Os machos acadan a madurez sobre os catro ou sete anos, e as femias entre catro e nove anos.
As femias xeralmente teñen crías cada dous ou tres anos e xeralmente aparéanse entre febreiro e maio.
A beluga adoita nadar con lentitude e pasar moito tempo preto da superficie. Desprázase con movementos ondulantes suaves. O seu pescozo é flexible, o que lle permite subir e baixar a cabeza, e xirala. Case nunca salta (e cando o fai, non realiza acrobacias, como os golfiños), pero con frecuencia saca a cabeza da auga para vixiar, batendo a aleta caudal. É un dos cetáceos con dentes máis cantareiros, emite gorxeos, rechouchíos, estralos, chíos e risas que poden escoitarse dentro e fóra da auga.
Vive nas augas circumpolares do Ártico.