Auga que se derrama
Este é o significado do nome do Río Atoyac, que curiosamente desapareceu repentinamente por un socavón no que se verte a auga deste río dende o pasado 1 de marzo.
O río desapareceu en México, no estado de Veracruz. A primeria sinal que alertou aos vecños foi un enorme ruído seguido dun temblor da terra, logo obsevaron que a auga deixara de correr polo caudal e avistaron un gran buraco, xusto no leito do río e cun tamaño de 30 metros de lonxitude e 20 metros de ancho.
Os estudos feitos apuntan que o causante deste socavón no que se sumerxeu o río se produxo polo colapso do seu leito de natureza calcárea. Ricardo Barragán explicou que estes terreos son solos onde prevalecen as rochas calcáreas que se van facendo máis e máis pororsas co paso do tempo e ao final no soportan o peso do teito. Este fenómeno de disolución química natural, é debido a procesos de corrosión de terreos cársticos que polo xeral duran miles de anos, e no río Atoyac o proceso chegou ao seu tráxico final.
A desaparición do río vai ter graves consecuencias con esta humilde rexión mexicana. Este suceso afecta a máis de dez mil familias que viven aos bordes do río, xa que este río era a súa principal aporte de auga. É unha zona húmida pero con difícil accesibilidade á auga potable, principalmente pola falta de infraestrutura. O río que abastece unha extensa rexión agrícola de dez municipios, ademais de industrias azucareiras da rexión.
O alcalde de Atoyac, un dos municipios afectados, pronunciouse logo da desaparición do río: “Temos que recuperalo. É a alma e vida deste lugar.” Deixou clara a importancia que para eles ten o Atoyac.
En busca de solucións, o Goberno de Veracruz, de maneira provisional contemplan a opción de facer pozos en lugares onde a carestía se volva acuciante. A solución final que tamén contemplan é a de desviar o cauce do río para evitar o socavón e que así non se leve toda a auga, xa que o desplome desa zona do río é irreversible, asegura Ricardo Barragán.
https://www.youtube.com/watch?v=p0UrM-jkgxU