A auga na cultura galega: auga que inspira

Auga e pedra feitas arte
Xea
24 Outubro 2013
gárgola

Da importancia da auga en Galicia dan mostra a calidade das obras que se fan para conducila, almacenala ou protexernos dela.

O bo facer dos nosos canteiros deixou múltiples mostras de construcións e estruturas para o aproveitamento ou condución da auga, desde un humilde picho ou baixante ata a fontes mais decoradas das cidades e mosteiros. Desde as obras anónimas dos artesáns ata os deseños dos artistas universais.

Para abrigarse da auga e do frío, desde tempos antigos, os habitantes de Galicia construíron todo tipo de refuxios. A pedra empregouse para facer, desde sinxelas cabanas ata os pazos máis elaborados, sempre coas solucións axeitadas a cada tipo de material que se atopan en cada zona. No granito, sobre todo, creáronse o maior número de formas e solucións: edificios, cubertas, capeados, sobrepenas, e outras formas de protección de pinches e fachadas, soportais...