Auga que corre. Ríos de Australia
Australia é unha illa-continente situada no Hemisferio Sur que ocupa 7.686.850 km2 de superficie. Está rodeada polos océanos Índico e Pacífico e separada de Asia polos mares Arafura e de Timor.
Unha enorme parte do país é desértica ou semiárida, cunha área tropical ao norte e temperada ao sur. No releve abondan as chairas.
En xeral os ríos australianos vense moi influídos polas tempadas de chuvias torrenciais alternadas con prolongadas secas que fan que algún cheguen a desaparecer durante varios anos.
Principais ríos de Australia:
Océano Índico: Flinders (1.004 km), Victoria, Ord, Fitz Roy, Degrey, Fortescue, Ashburton, Gascoyne, Murchison e Murray, o máis longo con 2.375 m.
Lago Eyre (conca endorreica): Cooper Creek (1.113 km), Diamantina ( 942 km), Frinke e Neales.
O máis caudaloso e longo é o Murray, xunto cos seus afluentes Darling e Lachlan que desemboca no sur, no Océano Índico formando o lago Alexandrina.