Atopan novas galaxias ananas ó redor da Vía Láctea
Un equipo de astrónomos da Universidade de Cambridge identificou o que parecen ser nove galaxias orbitando ó redor da Vía Láctea. É a primeira vez que aparecen tantos obxectos deste tipo preto dela.
Todo foi posible grazas aos datos do proxecto Dark Energy Survey. Esta enigmática forza, da que se descoñece case todo, pode estar implicada no proceso de expansión do Universo.
O descobremento destas novas galaxias pode resolver outros dos misterios que teñen en mente estes astrofísicos, a materia escura. Esa substancia, da que estaría feita a maior parte do cosmos, mantería cohesionadadas as estruturas das galaxias.
Estas galaxias ananas son mil millóns de veces menos brillantes ca Vía Láctea. A máis próxima atopase a uns 97.000 anos luz e a máis lonxana a máis dun millón, na constelación de Eridnus.
O descubremento de tantos satélites nunha zona do espazo tan pequena sorprendeu aos investigadores. Ainda que, de momento só se confirmaron que tres deses obxectos son galaxias ananas, sobre os outros ainda se teñen dúbidas.
Podería tratarse de agrupacións de estrelas que presentan a mesma luz cas galaxias pero que non se manteñen unidas pola materia escura. Aínda que se predice a existencia de centos de galaxias ananas, o seu pequeno tamaño e o pouco resplandor que emiten fai moi difícil localizalas, incluindo ás máis achegadas.