Atopado en Arxentina o esqueleto do animal terrestre máis grande que existiu

O dinosaurio tiña unha masa equivalente a unha ducia de elefantes africanos ou siete Tiranosaurios rex.
7 Septembro 2014

 

Dreadnoughtus schrani,

Un grupo de científicos descubriu no sur da Patagonia Arxentina o esqueleto fosilizado dunha nova especie de dinosaurio, o Dreadnoughtus schrani, o animal terrestre de maior volume atopado ata estas datas.

Foi descuberto por un equipo de investigadores da Universidade de Drexel (Filadelfia-Pensilvania, EE.UU.) dirixido por Kenneth Lacovara. Calculan que o animal cando estaba vivo medía aproximadamente 26 metros de lonxitude e pesaba unhas 65 toneladas, e os restos pertencen a un exemplar que non estaba totalmente desenvolvido.

O equipo chama a atención sobre a gran cantidade de ósos atopados (o 70% sen contar a cabeza), o que lles permitirá estudar con gran precisión as características do animal.

Dreadnoughtus schrani

O fósil foi desenterrado entre 2005 e 2009 por Lacovara; Lucio Ibiricu, do Centro Nacional Patagónico en Chubut (Arxentina); Matthew Lamanna, do Museo Carnegie de Historia Natural;  Jason Poole da Academia de Ciencias Naturais da Universidade de Drexel e un grupo de alumnos e exalumnos desta universidade. O fosil foi trasladado para seu estudo á Universidade de Drexel, pero regresará á provincia de Santa Cruz (Arxentina). En 2015 será levado a un depósito permanente no Museo Padre Molina, en Río Gallegos.

Dreadnoughtus schrani


A información do descubrimento foi publicada o 4 de setembro na revista Scientific Reports de Nature Publishing Group.

A nova especie de dinosaurio saurópodo, nomeada como Dreadnoughtus schrani, era un dinosaurio xigante herbívoro (titanosauro) de longo pescozo e corpo robusto. Viveu a finais do período Cretácico, hai uns 70 millóns de anos.

 

Dreadnoughtus schrani