Arte mineral
5 Abril 2012
Presentamos aquí un traballo colectivo feito a partir de imaxes tomadas nas praias de Bascuas, Fontiñas, Magor e A lanzada. Tratamos de expresar a beleza das cores, as texturas, as formas... que se crean na natureza a partir das rochas (enteiras ou desfeitas) e os sedimentos e os xogos da auga, o vento ou algúns seres vivos cos distintos materiais.
Fixemos as fotos nunha saída da clase de naturais e logo algunhas traballámolas en Photoshop para facelas máis chamativas ou divertidas.