Arde Galicia!!
No que vai de ano arderon en Galicia máis de10.000 hade superficie forestal e producíronse 4.815 incendios e no pasado mes de outubro déronse as peores condicións que favorecen o lume: máis de 30ºCde temperatura, ventos de máis de 30 km/h e un baixo nivel de humidade ambiental.
Numerosos incendios arrasaron gran parte da provincia de Ourense e varias zonas das de Lugo e Pontevedra afectando a amplas áreas de varios espazos naturais nos Ancares, Montes do Invernadeiro, e Serra do Xurés. Produciuse a morte dun piloto en Laza, o 3 de outubro e numerosas perdas ambientais e materiais.
A Xunta gastou este ano máis de 92 millóns de euros,especialmente nos traballos de extinción, nos que traballaron, na época de maior risco, 7.000 persoas.
E como todos os anos escoitamos dicir que a maioría deles son provocados, non se sabe por quen nin por que razóns!!.
No Instituto fixemos unha exposición sobre as causas do lume e os xeitos de loitar contra el e expuxemos as nosas opinións.
Na miña opinión os incendios son devastadores e o que tarda unha hora en arder ao mellor tarda 20 anos en recuperarse. Cando os incendios son moi fortes poden queimar tamén o solo polo que aínda tardaría máis tempo en nacer as plantas. Os incendios son moi difíciles de controlar e a veces ata se perden vidas de animais (a maioría) e humanas. Os bombeiros fan todo o posible por apagalos pero ás veces non é posible salvar pertenzas como as casa, veículos... Non incendios pérdense moitas cousas importantes e, como digo eu, o lume é un gran monstruo que come as cousas!! Os bombeiros sacrifican vidas para apagar a gran besta do lume!!.
Adrián Meis
Paréceme mal que lle planten lume aos montes sen sentido, porque o lume pode matar moita xente, animais, prantas e árbores. Os seres humanos temos que coidar o noso medio ambiente. Hai moitas árbores que non sobreviven aos incendios. A min non me gustaría que os montes desaparecesen!!
Andrea Alfonso
Paréceme mal que provoquen os incendios, porque por culpa de quen os provoca morren moitos animais, árbores e
prantas. Nós necesitamos ás árbores para vivir; así que para min os que provocan os incendios son xente parva, porque sen as árbores non podemos vivir e iso quere dicir que non queren vivir. A min non me gustaría ir pasear a un bosque e velo todo queimado. Os seres humanos temos que coidar os bosques e o noso medio ambiente!!
Nikol Figueiras