Árbores senlleiras do Salnés

Xea
11 Marzo 2015
sobreira A Pastora-Cambados

O 21 de marzo celébrase, o día da árbore, unha data en se aproveita para recordar a importancia destes seres para o mantemento da vida. Moitas institucións e asociacións aproveitan este día para plantar árbores e facer un chamamento para a súa conservación e coidado.

Nos queremos facer a nosa contribución a este día cun achegamento ás árbores da nosa comarca, O Salnés. Neste traballo recollemos una mostra das árbores que fumos atopando e que nos chamaron a atención polo seu tamaño, idade, aspecto ou significado cultural. Algunhas aparecen recollidas no último Catálogo de Árbores Senlleiras publicado pola Xunta de Galicia.