Anticipándose ás desgrazas

A Xunta de Galicia detecta máis de 200 áreas potencialmente inundables
3 Xaneiro 2016
Parking inundado

Un risco é toda condición, proceso ou evento que pode causar danos persoais, perdas económicas ou danos ao medio ambiente, os riscos divídense en tres tipos segundo a súa orixe: natural, antropoxénico ou mixto.

Os riscos naturais son aqueles que só dependen unicamente de factores ambientais, como poden ser a meteoroloxía, os fenómenos xeolóxicos internos e externos ou as pragas.Entre os riscos meteorolóxicos, as inundacións son os que causan máis danos e perdas económicas, co fin de evitar e reducir os danos que producen lévase a cabo unha planificación de riscos onde salienta a prevención de riscos, que consiste nunha serie de medidas orientadas a evitar ou reducir os efectos negativos dun risco, dentro delas atopamos as medidas estruturais, que implican a modificación das estruturas xeolóxicas ou a implantación de construcións axeitadas, e medidas non estruturais, como as propostas pola Xunta de Galicia, que atopou 207 zonas potencialmente inundables, das cales 168 son áreas fluviais e as 39 restantes atópanse situadas na costa. Estas medidas atópanse no plan de Xestión de risco de inundación da demarcación Galicia-Costa, aprobada polo goberno Galego, e que se inclúen no plan hidrolóxico co fin de diminuír o risco de inundación localizando sobre o mapa as zonas que son máis sensibles  e reducir os danos e consecuencias negativas que poden provocar, con un conxunto de medidas para restaurar cursos e ribeiras, mellorar embalses, drenado de infraestructuras, etcétera co fin de evitar os danos que provocan estas catástrofes, como foron as de 2006, que provocaron graves danos na área do Salnés con inundacións en Vilagarcía, onde as augas estragaron multitude de vehículos, vivendas, baixos comerciais; e en Cambados, onde provocaron a vertedura de augas sen depurar ao medio debido a que as depuradoras non podían tratar a cantidade de augas que chegaban para ser tratadas, por isto, entre outras cousas, é  polo que as medidas preventivas son as que teñen máis importancia para a Xunta de Galicia, tales como a separación das augas negras das augas pluviais, a ordenación do territorio, limitando o uso de determinadas áreas ou fixando un uso concreto das mesmas. Tamén é importante o deseño de plans de evacuación, o estudo da perigosidade, na que dentro se atopan dous factores: o tempo de retorno, que é o tempo promedio que transcorre entre dous sucesos de risco, que se obtén observando o rexistro de anteriores riscos  e a severidade, que consiste no dano que pode provocar un determinado risco nunha área concreta e a vulnerabilidade desa área, que fai referencia á preparación dun territorio e da súa poboación fronte a un determinado suceso de risco.

Zonas inundables Galicia-costa