Aniversario do nacemento de Charles Darwin

28 Xaneiro 2015
Charles Darwin

O 12 de febreiro celébrase o nacemento de Charles Darwin, (12 de febreiro de 1809 – 19 de abril de 1882).

Darwin foi un naturalista inglés que dixo que todas as especies de seres vivos evolucionaron co tempo a partir dun antepasado común mediante un proceso denominado selección natural, é dicir, a selección natural fai que cambien as especies ao longo do tempo, fai que evolucionen.

A evolución foi aceptada como un feito pola comunidade científica, mentres ca súa teoría da evolución mediante selección natural non foi considerada como a explicación primaria do proceso evolutivo ata os anos 1930.

Coas súas modificacións, os descubrimentos científicos de Darwin, aínda seguen sendo a acta fundacional da bioloxía como ciencia, xa que constitúen unha explicación lóxica que unifica as observacións sobre a diversidade da vida.

Con 16 anos ingresou na Universidade de Edimburgo, para estudar invertebrados mariños. A Universidade de Cambridge deu ás á súa paixón polas ciencias naturais. A súa obra “A orixe das especies por medio da selección natural, ou a preservación das razas preferidas na loita pola vida”(1859), estableceu que a explicación da diversidade que se observa na natureza débese ás modificacións acumuladas pola evolución ao longo das sucesivas xeracións.

Charles Darwin1

Ademais tratou a evolución humana e a selección natural na súa obra “A orixe do home e da selección en relación ao sexo” e posteriormente no texto “A expresión das emocións nos animais e no home”. Tamén dedicou unha serie de publicacións ás súas investigacións en botánica, e na súa última obra abordou o tema dos vermes terrestres e os seus efectos na formación do solo. Dúas semanas antes de morrer, publicou un último e breve traballo sobre un bivalvo diminuto atopado nas patas dun escarabello de auga dos Midlands ingleses.

Foi sepultado na Abadía de Westminster como recoñecemento polos seus traballos.