Animais fantásticos galegos

Lendas e crenzas recollidas en Galicia
2 Marzo 2014
serpe con alas

Todos escoitamos falar de dragóns, unicornios, biosbardos, princesas convertidas en ras, avichuchos, serpes xigantes gardadoras de tesouros…

Os de máis idade tiñamos pánico a saír pola noite por se nos atopabamos con algún animal que só con pensar nel facíanos estarrecer de medo: lobos, cans adoecidos, serpes xigantes… Agora todo iso sona a conto.

Moitos dos animais fantásticos son comúns a outras culturas e veñen desde o tempo da antiga Grecia como o unicornio, as serpes con ás ou os basiliscos; pero outros son de creación propia e a súa orixe pérdese nos tempos. En cada comarca ou lugar podemos atopar a misma lenda con variacións ou historias moi diferentes.

Aquí vos achegamos unha recopilación acompañada de debuxos realizados polo alumnado de 1º de ESO.