Animais como espectáculo

2 Xaneiro 2019
tauromaquia

Hoxe vouvos informar de todo o sufrimento que hai detrás de cada espectáculo con animais nun circo. É innegable que para que un animal aprenda a facer todas as acrobacias tivo que haber un maltrato por detrás, porque obviamente un oso por exemplo non aprende andar a dúas patas por gusto.

Antes de centrarme nos circos quérovos comentar un pouco a evolución que tivo o maltrato animal ao longo da historia. Os animais están presentes nos circos dende os seus comezos, nos que os poñían a loitar contra gladiadores (como por exemplo os tigres) e o espectáculo non remataba ata que un dos dous morría, non vos recorda a algo típico aquí en España? Porque a min paréceme case igual á tauromaquia, aínda que nesta case sempre soe vencer o ser humano; á conclusión á que chego é que o sufrimento dos animais é unha fonte de diversión para os seres humanos, o cal é preocupante porque séguennos a gustar unha cousa que se facía fai máis de 2.000 anos, e en todo ese tempo a ningún goberno se lle ocorreu prohibilo, coa escusa de que é cultura do país, pero iso podería cambiar co simple feito de que a xente deixase de ir ás corridas de touros, pero é imposible xa que hoxe en día, si, no século XXI, aínda segue existindo xente que goza vendo como matan estes animais.

mosaico gladiador

Esta parte da que vos acabo de falar en realidade é a parte máis sanguinaria do que ven a ser o maltrato animal, pero nos espectáculos dos circos que teñen animais o podemos comprobar perfectamente. En primeiro lugar quero mencionar que os leóns, os tigres e os elefantes son os animais con mais demanda por parte dos grandes circos, pero estes animais (ademais de posiblemente proceder do tráfico ilegal de especies) a maior parte das veces son criados en catividade, illados das súas manadas coas que vivirían se estiveran no seu estado salvaxe. Por exemplo un elefante normal recorre miles de quilómetros ó ano en busca de alimento e pasa os 4 primeiros anos da súa vida coa súa nai. No circo todo o contrario. Apenas recorren distancias, pois pasan o día encerrados, e sepáranos da súa nai ós 18 meses para comezar o antes posible o seu adestramento. Un circo é unha empresa non unha protectora de animais e non se vai a preocupar de que cada animal cumpra as súas necesidades diarias.

león preso

O adestramento e outra das partes máis fortes deste maltrato animal, pois pensade: a un tigre salvaxe ocorreríaselle saltar por un aro en llamas? Obviamente a resposta é non. Pero se pensades que o adestramento é con reforzos positivos como cando o teu can dache a patiña e daslle unha galleta, estades moi equivocados, no circo adéstrase a base de reforzo negativo (con descargas eléctricas e picas) dende que son moi pequenos.

O que ocorre é que como o público só ve a parte bonita do espectáculo na que o animal sen opoñer resistencia realiza a tarefa que lle manda o domador pois moitas veces non nos damos conta do maltrato que estes sofren, porque creo que o 90% das persoas que están lendo isto foron algunha vez a algún circo ilusionados por que ían ver animais que non poderían ver usualmente, pero este é un gran error, meterlles nas cabezas ós nenos que van a ver un anima salvaxe cando o que se lle ten que ensinar é que non pretendan ver ningún xa que debería estar no seu hábitat natural.

Tigre en aro de lume

É certo que pouco a pouco damos pequenos pasos en contra o maltrato animal, pero por desgraza a maior parte deste camiño queda por recorrer. É imposible evitar que algún dono de algún animal doméstico o maltrate, porque hai moita xente mala no mundo, pero polo menos prohibir tanto a tauromaquia como os circos con animais serían un gran paso neste camiño.

Cada día son máis os circos que se suman a facer espectáculos sen animais, e iso non quere dicir que sexan menos entretidos nin moito menos, xa que o traballo dun circo é entreter ó público e non debería depender dos animais para iso, por exemplo o Circo de Portugal estivo no verán pola zona e é un circo sen animais, o seu espectáculo deixou de ser entretido por iso? No, e creo que é moito máis moralmente correcto, xa que dubido moito que os trapecistas ou malabaristas aprendan a facer o que fan a base de descargas eléctricas.