Ambrosía arborescens, unha planta que pode axudar a curar o cancro
Na mitoloxía, a Ambrosía era a bebida dos deuses gregos, a que lles outorgaba a inmortalidade. Ambrosía arborescens foi o nome que se lle puxo a unha das plantas chegadas de América, empregadas na medicina tradicional andina.
Recentemente, descubriuse que esta planta é a que podería encerrar a chave dun novo medicamento contra o cancro.
A Ambrosía arborescens é unha especie de planta perenne que medra especialmente en rexións chans, pouco húmidas e areosas, preferiblemente en solos pouco fértiles e lixeiramente alcalinos.
Trátase dun arbusto non moi alto, de 0.50 a 1.50 m de altura, nativo da rexión interandina do Ecuador, aínda que tamén pode atoparse na cordilleira do sur do país. Vive entre os 2.500 e 3.000 m sobre o nivel do mar, especialmente na rexión occidental norte.
Os resultados da investigación foron impresionantes, xa que se logrou illar e analizar dous compoñentes presentes neste arbusto: a damsina e a corofilina. Ambas probaron, en cultivos celulares realizados no laboratorio, a súa eficacia como inhibidores, tanto na proliferación de células tumorais como na activación de factores chaves nos procesos inflamatorios asociados ao cancro.
Estes resultados abren novas vías de investigación aplicada que poderían empregar os dous compoñentes no desenvolvemento de novos fármacos contra o cancro.