Alternativas ao petróleo

9 Novembro 2014
Terra-petróleo

O petróleo á unha mestura homoxénea de compostos orgánicos, principalmente hidrocarburos insolubles en auga, que en condicións normais permanece líquido. Prodúcese no interior da Terra, pola transformación da materia orgánica acumulada en sedimentos do pasado xeolóxico. É un recurso natural non renovable e actualmente é a fonte de enerxía dos países desenvolvidos.

O petróleo, ao ser insoluble en auga, é difícil de limpar. Ademais a combustión dos seus derivados produce produtos residuais. Tamén afecta profundamente á fauna e vida do lugar e supón unha das maiores causas da contaminación oceánica.

Martín Olazar, enxeñeiro químico da Universidade do País Vasco, deseñou un proceso fundamental para a produción de alternativas ao petróleo en refinerías sostibles, para non perxudicar ao medio ambiente. O investigador desenvolveu un reactor baseado nuns dispositivos que mediante a pirólise flash (é un proceso termoquímico que ocorre en ausencia de osíxeno) produce combustibles e materias primas a partir de varios tipos de residuos.

Segundo o tipo de residuo séguense dúas liñas. A primeira utiliza a biomasa e resíduos agrícolas, convertendo o 70% da masa tratada en bioaceite. A segunda utiliza plásticos, pneumáticos e resíduos similares.

A calidade do bioaceite é inferior á do petróleo pero pode utilizarse para producir calquera derivado do petróleo. Tamén hai que remarcar que o proceso do bioaceite é máis eficiente que o do biodiesel, xa que este último aproveita só o 10% da masa que se utiliza.

Utilizándose plásticos, pneumáticos e resíduos similares pódense elaborar unhas materias primas moi interesantes, coma o carbón negro. O carbón negro é a principal materia prima que se utiliza para a fabricación de pneumáticos.

O reactor xa se plantexou e púxose en marcha unha instalación piloto, en colaboración co centro de investigación IK4-Ikerlan. Os promotores do proxecto teñen previsto abrir unha instalación maior no futuro.

biomasa