Alternativa de orixe galega ao uso de antibióticos nos animais

6 Febreiro 2014
bacterias

A función deste produto é a de illar a comunicación entre as bacterias, evitando así a infección bacteriolóxica. A vantaxe que isto presenta para os campos, tanto da agricultura como da gandaría, ou a acuicultura é que o uso dos antibióticos está moi restrinxido pola lei, xa que os animais, plantas ou peixes poden desenvolver inmunidade a tales antibióticos, cousa que non sucede con este novo produto porque unicamente inhibe a comunicación entre as bacterias, sen atacalas directamente.

Esta alternativa será usada para o control e o tratamento de patoloxías infecciosas de orixe bacteriana en animais, así como en acuicultura e gandaría. Pronto chegará ó mercado da man dalgunha das empresas farmacéuticas multinacionais que están a negociar polos dereitos de comercialización coa fundación creadora deste novo sistema que patentou xa en varios países como os Estados Unidos, Europa e China. Incluso pode que se chegue a un acordo coas tres multinacionais xa que os seus enfoques comerciais non coinciden en ningunha área. Este produto verá en breve a luz, en colaboración coa Universidade de Oxford.