Aloe vera

27 Outubro 2013
aloe vera

O aloe vera é unha das plantas medicinais máis empregadas e cultivadas no mundo.

É unha planta carnosa de talo curto rodeado de follas que é orixinaria do norte de África. A parte que se emprega é o zume do interior das follas, directamente ou para facer medicamentos e cosméticos.

O seu uso ven desde tempos moi antigos. Contan que xa era empregada polos antigos exipcios e persas. Os soldados gregos e romanos estenderon o seu uso polos países aos que ían e empregaban o seu zugo para curar as feridas e regular as dixestións. Na nosa zona haina en moitas casas e emprégase de xeito natural, especialmente para problemas da pel.