Algúns usos das plantas
Charla-obradoiro na Semana das Ciencias 2014
3 Decembro 2014
Achegamos uns videos que recollen a segunda parte dos obradoiros desenvolvidos pola empresa medioambiental “VENTOS”, unha serie de traballos prácticos: extraer esencias de plantas (lavanda, romeu…) metendo anacos de plantas no alambique, para facer auga aromática; ou tintes con amorias e pel de cebola. Tamén nos ensinaron a utilidade das plantas para facer remedios ou mediciñas caseiras e a elaborar bolsiñas anticouza para evitar que os insectos nos estropeen a roupa do armario.