A alfábega

2 Decembro 2014
alfábega

O asubiote, alfábega ou albahaca ú unha planta que se cultiva para usos culinarios e medicinais desde tempos moi antigos. Orixinaria da India, foi introducida polos gregos en Europa hai máis de 2.000 anos. Os exipcios utilizábana para embalsamar, mentres que os romanos asociábana á paixón e fecundidade, converténdoa no símbolo dos namorados.

Úsase como especia, como repelente de mosquitos, en aromaterapia, para locións, xabóns, produtos de cosmética e licorería... Ten numerosas aplicacións medicinais: combater a depresión, insomnio, xaqueca e esgotamento; axuda á dixestión, antivomitiva, aumenta a secreción de leite nas nais, calma irritacións cutáneas, axuda contra a farinxite e larinxite, sedante, aumenta os anticorpos,  funxicida, bactericida, infusión para baixar a febre...