As alerxías veñen de dentro, non de fóra
Os resultados dun estudo realizado en Estados Unidos sobre os anticorpos, revelou que o que varía nas persoas alérxicas en cada país é a substancia que cada una delas rexeita. Sospéitase que non depende tanto da exposición a certas substancias, se non da predisposición previa de cada persoa.
O que estamos acostumados a pensar é que nas zonas con maior cantidade de polen, é onde se producen máis alerxias, e isto non é certo. O censo máis grande realizado ata a data, con 10.000 persoas repartidas por todo Estados Unidos, a quen se mediron anticorpos de 19 alérxenos diferentes, establece que é a mesma en calquera rexión do país, non dependendo do polen que haxa na zona.
O importante non é a que te expoñas, se non á sensibilidade do teu sistema inmunitario a sobrerreaccionar ante o que considera unha ameaza, producindoinmunoglobulina E (IgE), o que provoca a reacción alérxica. Por iso, para detectar alerxias, mídense no sangue os niveis de distintas variantes da IgE.
Se alguén ten predisposición ás alerxias, reaccionará ante o que haxa no ambiente, sexa polen, comida ou pelos de gato. Tamén poden ser máis determinantes e xerais os factores xenéticos. A xente faise alérxica antes da exposición, non despois.
O ambiente no que a persoa se desenvolve moldea o sistema inmunitario para facelo máis resistente ou fráxil ante as alerxias. Pero o recente estudo indica que os xenes e o ambiente poden terminar configurando un organismo susceptible de maneira xenérica ás alerxias, que despois reaccionará ante o contacto con alérxenos.
En países industrializados hai máis alerxias nas cidades que nas áreas rurais. Se nos fixamos en Europa, os países nórdicos sofren máis alerxias que os mediterráneos.
Canto máis sucio está o ambiente no que te crías, menos risco de alerxias terás. A exposición a altos niveis de NO2 e partículas en cidades contaminadas incrementa a cantidade de alerxias. Na súa aparición interveñen factores ambientais como o exceso de hixiene, a contaminación e a obesidade. Os nenos que van a garderías desenvolven menos alerxias que os criados na casa. E pola súa maior exposición a xermes desde pequenos, os que teñen irmáns tamén sofren menos alerxias que os fillos únicos.