Alento revelador
A detección de drogas adoita realizarse mediante mostras de ouriños, xa que cando unha persoa consume drogas estas permanecen no sangue ata que se van liberado a través da excreción ou da descomposición.
As probas de detección baséanse na interacción dalgúns compostos químicos comerciais, reactivos, que ó unirse coas substancias ó detectar os seus metabolitos nos ouriños producen unha reacción, é dicir, baséanse nunha rección química.
A metodoloxía e regulamentación das probas de ouriños son moi fiables, pero existe un problema obvio con elas, xa que o método de recolla da mostra é moi lento, e pode ser visto polo examinado como unha intromisión na súa intimidade.
Por isto, un grupo de investigadores do Instituto Karolinska de Estocolmoen Suecia traballaron unha alternativa a estas probas que resultase menos invasiva, e centráronse en analizar o alento en lugar da ouriña, como se fai nas probas de alcoholemia.
O equipo do profesor Olof Beck, desenvolveu un primeiro método para a detección habitual do consumo de drogas. O procedemento só require unha toma dunha mostra dun xeito simple e a análise destas.
Para isto, utilízase unha técnica denominada cromatografía líquida ou espectrometría de masas, que permite identificar restos de anfetaminas, metanfetaminas, cannabis, cocaína e heroína.
Este método funciona da seguinte maneira: o aire expirado pola persoa que vai ser analizada, transporta partículas microscópicas que poden estar contaminadas polas drogas. Estas partículas quedarían adheridas ó filtro do aparato e este máis tarde analizado en laboratorio para comprobar a presenza de drogas nel.
Debido ás súas características este novo método de detección podería ser utilizado facilmente na rúa, como por exemplo as probas que se realizan ós condutores que poden estar baixo a influencia destas substancias.