A Agricultura. Exposición na Semana da Ciencia do IES Asorey

3 Decembro 2014
Agricultura-expo Asorey

A mostra, “A agricultura”, estivo exposta desde o luns 10 ata o venres 21 de novembro.

Esta exposición consta de dúas partes, unha feita polo profesorado sobre a agricultura en xeral, e outra polo alumnado sobre os produtos da agricultura.

A agricultura é a arte de cultivar a terra, que consiste en transformar o medio natural para o mellor desenvolvemento dos vexetais escollidos polas persoas. É fundamental como fonte de recursos para a alimentación humana, para múltiples actividades industriais e pola cantidade de xente que emprega.

A exposición está organizada en diferentes apartados:

  1. O terreo, o solo, as condicións ambientais, os nutrintes, as plantas, as sementes, os froitos, as flores, as follas, os talos, as raíces e as ferramentas e medios de cultivo.
  2. Cultivos alimenticios básicos: Cereais, froitas e verduras, legumes, plantas oleaxinosas, plantas que proporcionan azucres, plantas aromáticas, plantas mediciñais, plantas textís, especies forestais, plantas ornamentais e fungos. Cultivos máis importantes do mundo: millo, arroz, trigo, pataca, soia, iuca, plátano, tomate, cítricos, uva, mazá e ñame.
  3. Labores: Traballos para preparar o terreo, coidado das plantas, eliminar competidores e pragas e facer as colleitas. Tipos de labores: No solo (labrando, arrendando, achazando ou cavando), de cultivo (plantando verdura, podando as viñas, plantando patacas, ou aplicando tratamentos fitosanitarios) e o cultivo (vendimia, pañando tomates, colleitando patacas ou trigo).
  4. Silvicultura: Aproveitamento das árbores (madeira, pasta de celulosa, resinas, febras, bálsamo, gomas e tecidos...).
  5. Historia da agricultura: Desde os cazadores recolectores ata o mesolítico.
  6. A agricultura en Galicia.
  7. A agricultura e o medio ambiente.

Esta exposición ten ademais unha parte elaborada polo alumnado que trata sobre os produtos que se obteñen da agricultura. Entre estes produtos aparecen traballos sobre: pataca, grelo, lentellas, repolo, tomate, fabón, faba, pemento, remolacha, acelga, cenoria, allo, leituga, centeo, cebada, millo miúdo, trigo, arroz, aloe vera, azafrán, cacahuete, baneira, cogombro, asubiote, algodón, maca, eucalipto, pistacho, laranxeira, limoeiro, noz moscada, nogueira, chía, goxi, ñame, berenxena, batata, iuca, mondarineira, mirasol, árbore do chicle, cana de azucre, cacao e oliveira.

Así mesmo, ofrécese esta exposición a todos aqueles centros de ensino que queiran gozar dela.

Compleméntase cunhas vitrinas nas que expoñemos todo tipo de produtos e obxectos que se obteñen das plantas cultivadas: febras e madeiras, fariñas, almidóns, aceites, graxas, recipientes, cortiza, froitos, sementes, esencias, medicinas, indtrumentos musicais, bebidas…

Achegamos unha presentación cunha copia da exposición.