A agricultura ecolóxica

Charla-obradoiro na Semana das Ciencias 2014 do Asorey
3 Decembro 2014
Charla Agricultura-Asorey

Unha das actividades realizadas no nosos centro para conmemorar a semana da ciencia do ano 2014, ano adicado á AGRICULTURA FAMILIAR, foi unha charla práctica sobre a agricultura ecolóxica.

Os obradoiros desenvolvidos pola empresa medioambiental “VENTOS” consistiron en actividades relacionadas coa agricultura ecolóxica e cos aproveitamentos vexetais para os seres humanos.

A primeira parte do obradoiro foi teórica na que falaron dos compostos químicos que lle botas ós cultivos. Contáronnos cousas sobre a asociación de cultivos (non se poden plantar vexetais xuntos que sexan da mesma familia). Tamén nos informaron sobre os animais de interese para controlar as pragas (dinosiña, ourizo cacho, xoaniña...). Tamén nos ensinaron trucos ecolóxicos para que os insectos non vaian á parra (poñendo unha marioneta dun gavián, ou un DVD coa cara dun moucho). Na segunda parte fixemos un un traballo práctico.

Xuntamos o folleto sobre a charla e un video-resumo.