A agricultura

8 Novembro 2014
Agricultura

Dentro da celebración da semana das Ciencias o noso departamento elaborou unha exposición para dar a coñecer a importancia que ten a agricultura, como base do nosos sutento e dos animais, como fonte de materias primas e medicinas e como actividade económica.

A agricultura é “a arte de cultivar a terra”. O traballo que se fai para favorecer o desenvolvemento das plantas e outras especies útiles. A agricultura naceu no Neolítico no Oriente Próximo, Centroamérica e China. As primeiras plantas cultivadas foron o trigo e a cebada. Ao longo da historia o ser humano chegou a consumir ata 3.500 especies vexetais diferentes, das que 150 cultiváronse en cantidades importantes. Na actualidade só unhas 25 especies constitúen o núcleo principal dos cultivos destinados á alimentación.

A agricultura é fundamental como fonte de recursos alimentarios, para o desenvolvemento de múltiples actividades industrais e pola cantidade de xente que emprega.