Agosto (2013)
Agosto é o octavo mes do ano e recibe o seu nome en honra ao Emperador romano Augusto. Ten 31 días.
Maduran moitos froitos silvestres: as sandías, os calacús, os melóns, as uvas, estalan as vaíñas das xestas e dos toxos deixando libres as sementes.
Sulfátanse as viñas, páñanse os pendóns do millo, plántase a verdura, seméntanse as nabizas, o nabicol e os grelos.
Desovan os atúns, voan as crías da aves e, cara ao final do mês algunhas comezan a emigrar.
A maioría dos insectos crían. Cantan nos campos os grilos e as carricantas
A media das temperaturas foi máis alta que o ano pasado (21,09) e en xeral fixo máis calor. Varios días superáronse os 30 graos e o día 10 acadáronse os 33,93 ºC. O refacho de vento máis forte foi o día 26, con 45,47 km/h. Choveu pouco, só catro días, e recolléronse 8,4 l en todo o mes. O día que máis choveu foi o 7, con 7,4 l/m2. Nótase moito a diminución das horas de luz, sobre todo pola noite. En todo o mês diminuíron 74 minutos.
Houbo incendios por todo o país.