Accidentes químicos máis importantes en España
Segundo un estudo realizado por investigadores cataláns, algúns destes feitos marcaron as melloras na seguridade do transporte e os procesos químicos da industria química en España.
Nas últimas décadas houbo unha evolución importantísima nos niveis de seguridade da industria química e petroquímica, cuns controis e unha lexislación cada vez máis efectivos. Neste artigo vou mostrar os accidentes ocorridos en España dende o século XX ata a actualidade.
O accidente máis grave foi o desastre dos Alfaques (Tarragona, 1978), no cal pereceron 217 persoas e arredor de cen sufriron queimaduras graves. Ocorreu cando explotou un camión cargado de propileno licuado e se liberou o contido, formando unha nube inflamable que se incendiou arrasando un camping de turistas.
Un dos incidentes que mobilizou a máis xente foi o embarrancamento do cargueiro panameño Casón nas costas de Fisterra (A Coruña, 1987) que transportaba máis de mil toneladas de produtos nocivos e inflamables. Faleceron 23 tripulantes e 20.000 persoas tiveron que ser evacuadas por risco dunha nube tóxica.
No mar Exeo produciuse un vertido de petróleo (1992).
Outro caso ocorreu en Tivissa (Tarragona, 2002) cando un camión cisterna perdeu o control por exceso de velocidade e se incendiou, matando ao condutor, deixando dous feridos graves e máis dunha decena de menor gravidade.
Nas costas galegas tivo lugar o vertido de petróleo do Prestige (2002).
Na refinería de Repsol no Puertollano (Ciudad Real, 2003) produciuse unha explosión orixinada por un fallo eléctrico que favoreceu a liberación de gases, coma o butano. Estes produciron unha deflagración na unidade próxima a sete tanques cargados con gasolina. Morreron nove traballadores e varios resultaron feridos.
En Lorca (Murcia, 2011) outro camión cisterna chocou contra un parado nun arcén da autopista, causando un incendio, unha explosión e a morte do seu condutor, pero as medidas de emerxencia adoptadas evitaron máis vítimas.
En Torroja (Valencia) sete días máis tarde ocorreu o mesmo que no caso anterior.
Nos últimos anos as compañías españolas tamén implantaron deseños máis seguros nas súas instalacións, así coma melloras no sistema de operacións e xestión dos procesos. Os accidentes serviron para activar a investigación en seguridade dentro deste ámbito. Existe unha normativa que obriga aos países europeos a identificar as súas instalacións industriais con risco e a adoptar as medidas de prevención oportunas. A directiva Seveso actualizouse no 2012 pra reforzar a participación cidadá e introducir normas máis estritas nas inspeccións. A aplicación desta última versión será obrigatoria a partir do 2015.