Abril 2015

2 Maio 2015
camelias

Abril é un mes típico de primavera, coa natureza en todo o seu esplendor o tempo moi cambiante.

Saen as follas do castiñeiro, dos arces, dos piñeiros, dos ambroíños... Florecen as cerdeiras, os estripos, as orquídeas silvestres, os xuncos, os pampullos, as xestas, os dentes de león... Os froitos dos salgueiros e dos chopos liberan as sementes. Plántanse as patacas, os tomates, os pementos, as guindillas, as xudías...

Cávanse as viñas, páñanse os chicharos e as patacas novas.

A maioría dos paxaros fan os niños. Crían os caracois, os parrulos, as pegas, os demos negros, os merlos...

Nacen as primeiras toupeiras e os xabaríns. Os mamíferos cambian o pelo. Chegan as bubelas, os xirrios, os cucos... Vense os lagartos. Canta o cuco, as rans, os sapos... Aparecen as bolboretas, aumenta o número de insectos (escarabellos, xoaniñas, moscas, abellas...).

O tempo estivo moi revolto con días de moita calor (o máximo foi o 13, con 28,95 ºC) e bastante frío (a mínima foi o 19, con 7,44 ºC. Foi seco ao comezo e rematou con chuvias.