Abril 2013
2 Maio 2013
Abril é o cuarto mes do ano e ten trinta días. Neste mes comezan a florecer as viñas e as árbores e toda clase de plantas. Veñen os paxaros do do sur para comezar a aniñar e tamén aparecen as primeiras bolboretas .
Choveu durante quince día e o luns 29 rexistráronse uns refachos de vento moi fortes (ata 56,2 km/h). Os días medraron 70 minutos.
O último día de abril, pola noitiña, hai o costume de poñer os maios nas portas das casas, nos coches, nos barcos…
ALGUNS DÍAS SINALADOS:
O 1 de abril do 2012 arderon as Fragas do Eume
22 de abril: Día da Terra
REFRÁN: En abril augas mil