Abril 2012

3 Maio 2012
Abril 2011

Abril é o cuarto mes do ano e ten trinta días. A flor de abril é a margarida. Como estamos en plena primavera comeza a agromar todo.

En abril predomina a cor amarela polos toxos, os maios e os pampullos. As viñas teñen as primeiras follas e xa se ve o “botón floral”. A maioría das aves constrúen os seus niños. Os parrulos xa criaron e teñen os parruliños grandes. Aos cans e gatos múdalles o pelo. Cantan as ras e os cucos e veñen aves migratorias como a bubela e os xirrios. Aumentou moito o número de insectos (bolboretas, xoaniñas, escaravellos...).

No campo plántanase as patacas, as xudias, os tomates, os pementos... Apáñanse os chícharos e os fabóns.

O tempo foi variable. Ao principio foi moi seco e fixo moita calor e logo choveu e houbo toementas e fixo máis fresco. Houbo un temporal chamado Petra que cobrou a vida dun mariñeiro. Os días medraron 79 minutos.

Na última noite de abril póñense maios nas portas, coches, barcos, bicicletas... para espantar as meigas. Eu sempre vou ao monte a collelos.

A noiticia máis destacada foi que arderon as Fragas do Eume queimándose máis de750 hectáreas. O 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e o 22 o Día Mundial da Terra.

Algúns refráns:

-En abril augas mil.

-A augas de abril cargan o carro e máis o barril.

-A rula a rular, colle o fol e vai sementar.