Abril 2011

4 Maio 2011
Abril 2011

Abril é o cuarto mes do ano no calendario gregoriano e ten trinta días. Os antigos romanos chamábanlle aprillis en latín.

En abril a primavera está a tope: comezan a saír as follas dos castiñeiros, dos arces e dos ambroíños. Florecen moitísomas plantas, as aves fan niños, os mamíferos cambian o pelo...

No campo comézase a sulfatar as viñas e prepáranse as terras para plantar patacas, millo, chícharos, pementos...

Este ano coincideu a Semana Santa, a festa máis importante do calendario cristián. O Domingo de Pascua os padriños agasallan con roscas aos afillados.

O tempo neste mes de abril non foi moi típico desta época do ano. A temperatura media foi de 16,7 ºC, o vento dominante foi o NE (22 días), choveu 6 días e só se recolleron 38,2 litros. A comezos de mes houbo unha vaga de calor con temperaturas que pasaron dos 30ºC. Os días aumentaron 9 minutos

Algúns refráns de abril:

-En abril augas mil

-Abril, abril, cogollos mil!

-En abril quita a vella o mandil.