26 de decembro de 2004: dez anos do maremoto de Indonesia

11 Xaneiro 2015
maremoto Indonesia

Na comunidade científica coñécese como o maremoto de Sumatra-Andamán. O maremoto ocasionou unha serie de tsunamis devastadores ó longo das costas da maioría dos países que abeiran o océano Índico, matando a moitas personas ao seu paso e anegando unha gran cantidade de comunidades costeiras ao longo de case todo o sur e sudoeste de Asia.

O desastre é coñecido en Asia como o tsunami asiático; chámaselle “boxing tsunami” en Australia, Canadá, Nova Zelanda e o Reino Unido, porque o 26 de decembro é o boxing day neses países. Este tsunami ten a segunda duración máis longa, entre 8,3 a 10 minutos, e foi o suficientemente grande como para facer que o planeta vibrase un centímetro aproximadamente.

maremoto Indonesia

Tamén deu lugar a terremotos en lugares tan alonxados como Alaska. O maremoto orixinouse no océano Índico, na costa occidental de Sumatra do norte e o tsunami resultante devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, India, Tailandia e outros países con ondas que chegaron ós 30 m. Causou mortes e danos serios ata a costa do este de África. Ocasionou 229.866 víctimas (186.983 mortes e 42.883 persoas desaparecidas).

Lo imposible”, a película, fai referencia ao padecido nese maremoto de Indonesa, no que sufriu, entre moitas outras, unha familia española.