2016, Ano Internacional dos legumes
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas, xunto coa FAO ven de declarar o 2016 como ANO INTERNACIONAL DOS LEGUMES. Esta declaración fai referencia aos cultivos de leguminosas colleitados para gran seco destinadas a alimentación humana ou de animais.
Varias son as razóns que xustifican esta declaración
-Son alimentos nutritivos e completos. Son ricos en nutrintes e unha grande fonte de proteínas, minerais (ferro, magnesio, potasio, fósforo, cinc), vitaminas do grupo B (tiamina, riboflavina, niacina, B6 e ácido fólico) e febra. Teñen un baixo contido en graxa e nada de colesterol.. O seu contido en proteínas é moito máis alto que o do millo, o trigo ou o arroz. A combinación de legumes con cereais é unha fonte de proteínas sumamente completa, comparable á proteína animal.
-O seu cultivo mellora a fertilidade dos solos e deixa pouca pegada ecolóxica xa que teñen a capacidade de fixar nitróxeno. En simbiose con certos tipos de bacterias (como Rhizobium, Bradyrhizobium), son capaces de convertir o nitróxeno atmosférico en compostos de nitróxeno que poden ser utilizados polas plantas en crecemiento. A FAO calculou que as leguminosas poden fixar entre 72 e 350 kg de nitróxeno por hectárea e ano. Ademais, algunhas especies son capaces de liberar fósforo no solo. A habilidade de manexar de forma natural estas cualidades reduce o emprego de fertilizantes sintéticos na agricultura.
-Permiten cultivos de rotación que diminúen a presenza de pragas.
-Producen pouco refugo e os seus restos poden empregarse para alimento de animais.
-Mitigan o cambio climático. A ampli diversidade xenética dos legumes fai que se adaptes a diversos ambientes.
-Combaten a pobreza rural. Son alimento de longa conservación e de valor comercial.
Obxectivos do Ano Internacional dos Legumes 2016 :
-Concienciar sobre o importante papel dos legumes na produción sostible de alimentos e as dietas saludables, e a súa contribución á seguridade alimentaria e nutricional.
-Promover o valor e a utilización dos legumes no sistema alimentario, os seus beneficios para a fertilidade do solo e para combater o cambio climático e a malnutrición.
-Alentar as conexións ao longo da cadea alimentaria para unha maior produción de legumes, fomentar a investigación e a mellor utilización da rotación de cultivos, e facer fronte aos retos do comercio de legumes.
O maior produtor mundial de legumes é a India (unha cuarta parte da produción mundial en 2013). O maior exportador é Canadá, con 6,2 millóns de toneladas (principalmente chícharos)
http://www.fao.org/pulses-2016/es/