2015 Ano Internacional dos Solos

11 Xaneiro 2015
ano internacional dos solos

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 2015 como Ano Internacional dos Solos, co obxectivo de aumentar a concienciación e a comprensión da importancia do solo para a seguridade alimentaria e as funcións esenciais dos ecosistemas. Os solos constitúen o fundamento do desenvolvemento agrícola e da produción de alimentos e son a base que sustenta a vida dos ecosistemas en xeral.

Obxectivos:

-Conseguir unha plena concienciación da sociedade civil e dos responsables da toma de decisións sobre a gran importancia do solo para a vida humana.

-Educar ao público sobre o papel crucial que desempeña o solo na seguridade alimentaria, a adaptación e a mitigación do cambio climático, os servizos ecosistémicos esenciais, a mitigación da pobreza e o desenvolvemento sostible.

-Apoiar políticas e accións eficaces para o manexo sostible e a protección dos recursos do solo.

-Promover inversións en actividades de manejo sostible da terra para desenvolver e manter solos saudables para os diferentes usuarios da terra e grupos de poboación.

-Fortalecer iniciativas en relación co proceso dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a axenda post-2015.

-Promover unha mellora rápida da capacidade para a recopilación de información sobre o solo e a  supervisión a todos os niveis (mundial, rexional e nacional).

 

As múltiples funcións dos solos pasan, moitas veces, desapercibidas. Os solos non teñen voz e poucas persoas falan por eles. Son o noso aliado silenzoso  na produción de alimentos”. (José Graziano da Silva, Director Xeral da FAO).