20 de marzo. Eclipse de sol
11 Marzo 2015
O próximo día 20 de marzo producirase un eclipse total de Sol na metade do Atlántico Norte, que só se poderá apreciar nas illas Feroe e Svalbard.
En Galicia poderemos velo como parcial, especialmente na zona costeira. Dará comezo ás 09:08 (hora oficial) e terá a máxima amplitude ás 10:11, finalizando ás 11:19. A Lúa tapará entre un 72% e un 76% do Sol.
Para observalo hai que gardar precaucións porque as radiacións solares poden provocar lesións oculares. A mellor maneira de observalo é empregando filtros especiais homologados pola CE que se poden conseguir nas ópticas. A observación debe facerse en períodos curtos, sempre inferiores a un minuto. O sistema máis recomendable é proxectar a imaxe do Sol nunha pantalla ou parede situada á sombra.
Un eclipse de sol é un espectáculo pouco habitual, así que… a disfrutalo se o tempo nolo permite!