18 anos sen Carl Sagan

28 Marzo 2014
Carl Sagan

O día 20 de decembro próximo cúmprense 18 anos do falecemento de Carl Sagan, un dos científicos e divulgadores relacionados co Cosmos máis coñecido.

Carl Sagan naceu en Brooklin no 1934, e con tan só 7 ou 8 anos comezou a interesarse pola astronomía. Estudou na Universidade de Chicago, na que obtivo a Mestría en Física ao ano seguinte, e accedeu a un traballo de doutorado en astronomía baixo a supervisión de Gerard Kuiper. Aos 62 anos de idade, Sagan falece debido a unha pneumonía, tras unha longa e dolorosa loita contra a mielodisplasia. Atópase enterrado no Ceminterio Lakeview de Ithaca.

Dende o seu doutorado, traballou na metereoloxía de Venus e Marte. Estudou o extremo efecto invernadoiro de Venus e colaborou na definición de diversas misións espaciais. É autor de varios centenares de artigos sobre astronomía planetaria. Contribuíu a fundar a revista Icarus e A Sociedade Planetaria. Foi profesor e director de laboratorio na Universidade de Cornell e traballou para a Nasa durante moito tempo.

Foi un gran pioneiro e visionario da astrobioloxía. Especulou coas posibilidades de que os satélites Europa e Titán puidesen ter un entorno habitable. Foi un dos maiores impulsores do proxecto SETI (Busca de Intelixencia Artificial). Tivo a idea de enviar mensaxes ao espazo, imaxinando símbolos e debuxos que puidesen ser comprendidos por unha hipotética civilización extraterrestre que os recibise. Xunto con Frank Drake ideou unha mensaxe que se lanzou en forma de ondas de radio dende o Arecibo no 1974.

Carl Sagan-Cosmos

Dos seus libros da década dos oitenta destaca Cosmos, que foi a base dunha serie de televisión que foi presentada polo propio Sagan no 1977-1980. Un dos seus temas favoritos era a conexión do home co Cosmos. “Somos o medio utilizado polo Cosmos para coñecerse a sí mesmo”, dicía. Foi un auténtico fenómeno mediático. Describía o Universo como un ente unido e global.

Sagan era escéptico cara as relixións e Deus. Nos seus libros prevennos contra todo uso de falacias e fraudes e invítanos ao uso do método científico. A súa visión do mundo é naturalista e moi respectuosa co medio ambiente. En Cosmos escribiu: “Se hai vida en Marte, creo que non debemos facer nada con ela. Marte pertence aos marcianos, incluso se os marcianos son só microbios”.

Expresou de maneira activa a súa oposición á guerra de Vietnam, á carreira de armas nucleares e ao programa nuclear ‘Star Wars’ do presidente Reagan. Foi arrestado en dúas ocasións en manifestacións pacifistas e antinucleares.

Carl Sagan1

Sagan foi asesor na película ‘2001, unha odisea no espazo’ de Stanley Kubrick. A película ‘Contacto’ termina cunha dedicatoria ‘A Carl’. Gañou un Pulitzer, recibiu a medalla da Academia Nacional de Ciencias dos EEUU e a medalla da NASA ‘por un servizo distinguido’ en dúas ocasións. O seu nome lévano o asteroide ‘2709 Sagan’, e o lugar onde aterrizou a Mars Pathfinder, ‘Carl Sagan Memorial Station’; ademais de polo menos tres premios importantes de ciencias planetarias e divulgación científica.