11 de decembro Día Internacional das Montañas
O Día Internacional Das Montañas é unha oportunidade para crear conciencia sobre a importancia das montañas para a vida, destacar as oportunidades e limitacións no desenvolvemento das montañas e crear alianzas que xeren cambios positivos nas montañas e as terras altas do mundo.
En setembro do 2002, con motivo do Ano Internacional das Montañas, a Asamblea Xeral das Nacións Unidas declarou a celebración do Día Internacional Das Montañas co obxectivo de concienciar aos estados e a poboación mundial da importancia que teñen as montañas para a vida, e de recoller propostas para evitar a súa destrución, pois nelas viven unha grande cantidade de animais e prantas necesarias para a supervivencia do ser humano.
Este ano o tema está adicado á Agricultura das Montañas. Así que temos a ocasión de espertar a conciencia sobre cómo na agricultura de montaña predomina a agricultura familiar; un modelo do desenvolvemento sostible a través dos séculos.
Ofrece unha ocasión para poñer de relevo cómo a agricultura familiar nas rexións de montaña está experimentando unha rápida transformación debido ao crecemento da poboación, a globalización económica, a urbanización e a migración dos mozos e mozas cara as zonas urbanas.