As 10 especies máis impactantes descubertas no 2013

17 Xuño 2014
  • Olinguito
    O olinguito: Bassaricyon neblina. É un mamífero carnívoro da familia Procyonidae, nativo das montañas dos Andes e do Ecuador. Foi anunciada como nova especie o 15 de agosto polo instituto Smithsoniano.
 
 
 
  • Drago
    O drago de Kaweesak: Dracaena kaweesakii. É unha planta hortícola anxiosperma en peligro de extinción que adoita chegar ós 12 metros de altura. Crece en Tailandia e Birmania e as súas follas teñen forma de espada con bordes blancos e con flores de cor crema.  Os froitos que produce son de tonos marróns mentras non maduran, cando o fan, son laranxas.
 
  • Edwardsiella
    Edwardsiella andrillae: É unha anémona de mar que vive baixo glaciares na Antártida. Foi descuberta cando se enviou un vehículo accionado a distancia nunha perforación xeolóxica. Non está claro momo se une ó xeo mariño, xa que non podería soterrarse nel coma algún membros da súa familia fan na area. Ademais non se sabe demasiado sobre os seus métodos de reproducción nin a súa alimentación, aínda que se especula que se alimentan de plancton
 
 
 
  • Liropus minusculus
    O camarón esquelete: Liropus minusculus. O seu nome coloquital ven dado a que ten unha rara apariencia translúcida que o fai parecer  un esquelete vivo. É moi pequeno, o macho mide uns 3’3 mm e a femia uns 2’1 mm. Foi recollido en California e é un parente moi lonxano do camarón que adoitamos comer. Este animal é un depredador que se aferra ás rochas ou plantas ata que caza á súa presa. Os varóns teñen unas garras que usan no apareamento para soster ás femias.

  • Penicillium
    Penicillium vanoranjei: É un fungo de cor laranxa achado en Túnez. Este fungo produce unha matriz extracelular similar a unha lámina que funciona contra a sequía. Ademais, as súas paredes celulares teñen unha rugosidade distinta.
 
 
  • Eximius saltuarius
    Un novo gecko: Eximius saltuarius. Achado nas selvas illadas nunha cordilleira ó este de Australia. Esta especie é unha experta en camuflaxe, e usa a súa cola para volverse aínda máis invisible. Ten as extremidades longas, o tronco delgado e os ollos grandes con respecto ó resto do corpo, ademais dunha cor moteada que lle permite confundirse co entorno. É nocturno e trepa polas árbores para esperar ás súas presas
 
  • Spiculosiphon oceana
    Un novo protozoo: Spiculosiphon oceana. Achado na montaña submariña de Seco de Palos, a unhas 30 millas da costa de Murcia. Trátase dun organismo unicelular xigante, duns 4 o 5 cm de altura, con grandes habilidades constructoras e de imitación. Recolle espículas (pezas esqueléticas de esponxas mortas) do fondo mariño para construir a súa propia cuncha, uníndoas unhas ás outras cunha especie de pegamento proteínico. Polo que así, se fai pasar por unha esponxa carnívora de verdade, o cal usa como protección contra posibles depredadores.
 
  • Tersicoccus phoenicis
    Un raro microbio: Tersicoccus phoenicis. Sobrevive sen apenas alimento. Foi achado nun dos lugares máis limpios da terra: dúas habitacións brancas, unha da NASA en Florida e outra da Agencia Espacial Europea (ESA) na Guayana francesa, separadas entre si por 4.000 kilómetros. Estas salas límpianse constantemente para evitar contaminar de forma involuntaria outros planetas con bacterias terrestres, polo que é moi raro telo atopado alí.
 
  • Tinkerbella nana
    Unha avispa parasitoide: chamada Tinkerbella nana polo nome inglés dunha fada de Peter Pan. Apenas mide uns 250 micrómetros, o que a fai un dos insectos más pequenos. Foi recollida na Estación Biolóxica LaSelva en Costa Rica. Os científicos creen que vive uns poucos días e que ataca os ovos doutros insectos.
 
  • Zospeum tholusum
    O caracol pantasma: Zospeum tholussum. Vive en completa escuridade a máis de 900 metros baixo a superficie nas covas Lukina Jama-Trojama ó oeste de Croacia. Carece de ollos, xa que non lle son útiles na escuridade total na que vive, e a súa pel non ten pigmentación, o que lle da un aspecto fantasmal, do cal deriva o seu nome. Só mide 2 mm e se despraza moi lentamente (máis do que un caracol adoita).