10 de decembro, día mundial dos dereitos dos animais
Dende 1997 conmemórase o 10 de decembro como o día mundial dos dereitos dos animais, co principal obxectivo de informar á sociedade sobre as circunstancias nas que viven os animais nas principais áreas onde os explotan e exterminan.
Na Declaración Universal dos Dereitos Animais poden sintetizarse tres dereitos básicos: a vida, a liberdade e non someterse a situacións que xeren dor.
A especie humana viola estes dereitos, tratando aos animais como recursos á súa disposición.
Está acción de informar á sociedade deu lugar a un debate sobre os dereitos dos animais, porque non se pode falar de paz e non violencia mentres aínda morren millóns de animais en campos de concentración, matadoiros, barcos pesqueiros, laboratorios de experimentación, etc.