“O Mar en Cambados”; novo Plan de Excelencia Educativa

6 Febreiro 2014
Serrido-Asorey

A última semana de xaneiro púxose en marcha un novo Plan de Excelencia Educativa. Este novo proxecto denominarase “o mar en Cambados” e versará sobre temática mariña relacionada co noso contorno. Concretamente consistirá na  elaboración dun  traballo de investigación do medio mariño no que se resalten os diferentes ámbitos naturais, económicos e sociais do mar en Cambados.

O proxecto, que comezou cunha saída de campo ao banco marisqueiro do Serrido, contará coa participación dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química; Inglés, Música; Xeografía e Historia, Tecnoloxía e Administrativo. No programa, que se desenvolverá entre os meses de xaneiro e maio,  participa alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO do noso centro.

Utilizaremos este medio de comunicación para ir transmitindo á nosa comunidade educativa os avances e a marcha deste proxecto ao longo do curso. Comezamos mostrando o vídeo que relata a actividade inicial deste novo Plan de Excelencia.