“O Mar en Cambados”: estudo das características dos sedimentos
5 Marzo 2014
Con este fin utilizamos unha serie de técnicas (amósanse no vídeo que acompaña este artigo) que nos permitiron coñecer, de xeito pormenorizado, as características que definen o substrato areoso do Serrido.
Conseguimos coñecer, tanto as diferenzas de tamaño de gran de areas e lamas como identificar os diferentes minerais que as forman. Quixemos, ademais, estudar a composición salina das augas que bañan este banco marisqueiro.
No seguinte vídeo poderás coñecer, con detalle, o noso traballo de laboratorio.