O pasado día 7 de novembro, participamos, coa colaboración de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), nun proxecto chamado “proxecto ríos”. Fomos os alumnos de 3ºE.S.O. e 4ºE.S.O. de PDC do IES Francisco Asorey. Tamén veu Paco, un colaborador de ADEGA.
O noso centro vai a participar, este ano, no proxecto de ADEGA, ¨Charcas con Vida¨, razón pola que nos visitou Lucía, unha voluntaria desta asociación ecoloxista, que nos preparou para formar parte da rede de estudo e protección das charcas galegas.