Enredos

fotos ángulo exacto
28 Marzo 2016

Unha presentación recollida da WEB na que se pode apreciar o enxeño e oportunidade dalgúns fotógrafos.

estradas incribles
28 Marzo 2016

Unha presentación recollida da WEB na que se poden ver estradas de distintos lugares do mundo que chaman a atención pola súa situación, dificultade, rareza…

equilibrio
7 Xaneiro 2016

Unha presentación divertida recollida da web que recolle imaxes de situacións curiosas e habilidades de certas persoas.

árbore-coche
6 Novembro 2015
Unha presentación recollida da Internet que nos amosa exemplares de árbores chamativas polo seu tamaño, idade, situación, forma...
flor mono
17 Xuño 2015

A natureza sempre nos sorprende coas súas marabillas.

Miniatur Wunderland
17 Xuño 2015

Costa traballo crer que o que vemos sexa unha maqueta, concretamente do aeroporto de Hamburgo.

onde caben dous
2 Maio 2015
Unha presentación recollida da Internet que nos amosa o enxeño e a habilidade das persoas para resolver problemas de transporte e algúns outros atrancos.
gatos aburridos
7 Abril 2015

Sabes o que fan os teus cans ou gatos cando os deixas sos na casa?

pensando
2 Marzo 2015

Para rir e reflexionar. Unha presentación recollida da Internet que recolle algunhas respostas curiosas seleccionadas por profesorado de Bacherelato entre as que dan os estudantes nos exames.

arte na rúa
3 Febreiro 2015
Unha presentación da Internet que nos amosa curiosos exemplos de arte nas rúas: ideas decorativas, rompedoras..., para facernos rir ou pensar.
cabalo-pelota
11 Xaneiro 2015

Unha simpática presentación en catalán collida da Internet na que podemos ver algúns exemplos dos típicos propósitos que todos nos facemos cada novo ano: comer máis san, facer deporte, ser máis bos…

plátano-fotomontaxe
9 Xaneiro 2015

Aquí vos presentamos unha selección de traballos recollidos da Internet onde podedes ver fotomontaxes realizados a partir de imaxes de plantas (talos, froitos, raíces…).

Transformación
9 Xaneiro 2015

Un video de Internet no que podemos gozar cun divertido e incrible traballo feito co ordenador.

coche-moto
2 Decembro 2014

Achegamos unha presentación moi curiosa recollida da internet para pasar un tempo divertido coas enxeñosas e ás veces chocantes invencións.

Aparcamento
29 Outubro 2014
Unha presentación da Internet na que podemos pasar un bo rato vendo como conseguen colocar o seu veículo algunhas persoas.
estudantes
29 Outubro 2014

Unha presentación da Internet que nos amosa algunhas respostas que deron @s estudantes. 

Mafalda-50 anos
Xea
9 Outubro 2014

Posiblemente os máis novos non coñecedes a Mafalda, pero os que temos unha certa idade medramos lendo as súas ocurrencias. Agora que cumple 50 anos queremos achegarvos unha selección de viñetas nas que, de algún xeito, se tratan temas relacionados coas ciencias.

sunami
4 Outubro 2014
Unha colección de carteis recollida da web. Para rir un pouco e reflexionar sobre a importancia de facer as cousas con corrección.
Serrido
4 Outubro 2014

Un traballo realizado con moita paciencia, máis de 20 horas de grabación condensadas en cinco minutos.

elefante-coche
7 Septembro 2014

Unha presentación collida da Internet que tenta advertirnos das cousas que poden paser nas viaxes por África.

Holmes e Watson
7 Septembro 2014

Un sinxelo chiste que atopamos na Internet.

tampax
18 Xuño 2014

Algunhas mostras da creatividade das persoas cando se trata de publicitar artigos ou facer xogos coas marcas e produtos.

moto e habilidade
18 Xuño 2014

Unha divertida presentación que atopamos en Internet para gozar vendo como se apañan algunhas persoas para transportar todo tipo de cousas nas motos.

aves-coches
18 Xuño 2014

Unha presentación que recollemos da Web onde podemos coñecer algunha cousas curiosas doa animais, das persoas, da natureza…

galogato
31 Maio 2014

Neste último mes o alumnado de primeiro da ESO estivemos "enredando" cos programas de imaxe para tentar aprender algúns dos trucos que se empregan para manipular e crear imaxes de todo tipo,

praia-adela
31 Maio 2014

Como xa sabemos todos no IES Asorey, a profesora de Ciencias Adela Leiro xubilouse o pasado venres 30 de xuño. Fontes dignas de todo crédito infórmannos de que inmediatamente despois emprendeu unha viaxe a un destino que nos é descoñecido.

dunas Xapón
19 Abril 2014

Neve en Hawai, dunas xigantes en Xapón ou en Francia, xente bañándose na Antártida, neve en Brasil… son algunhas das cousas que nos poden sorprender destes lugares que nos amosan nesta presentación (Internet).

2ª Guerra Mundial
19 Abril 2014

Unha presentación recollida da Internet que nos amosa algunhas das imaxes antigas máis impactantes desde que se inventou a fotografía

creatividade
19 Abril 2014

Unha mostra do que algunhas persoas creativas poden facer con materiais e obxectos moi comúns, como pan, ovos, froitas, hortalizas…

fotomontaxe peixe
30 Marzo 2014
Unha presentación con imaxes recollidas da Internet na que podemos observar algúns exemplos de habilidade e imaxinación para facer montaxes fotográficas.
socavón
30 Marzo 2014
Fotos incribles, oportunas, insólitas, froito dos bo facer dos fotógrafos, do atrevemento dalgunhas persoas e, ás veces, tamén da casualidade de estar no sitio xusto no momento oportuno.
animal-chiste
2 Marzo 2014

Achegamos unha presentación feita con imaxes recollidas de internet que recolle algo de humor gráfico relacionado cos animais.

traxe de papel
19 Febreiro 2014

Chega o Antroido e andamos dándolle voltas ao disfraz. Noutros tempos collíamos calquera cousa pola casa e vestiamonos de choqueiros, agora parece que o máis cómodo é mercar un disfraz feito.

cociñeiro aburrido
15 Febreiro 2014

Unha divertida presentación recollida da Internet que nos amosa a imaxinación e o bo facer dalgunhas persoas.

anuncio Honda
3 Xaneiro 2014
Achegamos un video collido da Internet que nos parece un bo exemplo de como se poden facer as cousas con intelixencia e, sobre todo, con imaxinación.
tartaruga curiosa
19 Novembro 2013

Fenómenos naturais chamativos. Unha presentación collida da Internet.

sen comentarios
19 Novembro 2013

Imaxes curiosas que falan por sí. Unha presentación collida da Internet.

ser humano
21 Outubro 2013

Un video moi explicativo sobre a evolución da explotación do ser humano sobre a natureza.

cabaza
20 Outubro 2013

Unha mostra do que algúns artistas son capaces de facer tallando nas cabazas.

bico
10 Outubro 2013

Unha divertida presentación atopada na internet que nos amosa a imaxinación de algúns fotógrafos.

casa-illa
9 Outubro 2013
Un curioso artigo recollido da Internet onde podemos ver algúns curiosos exemplos de casa construídas nos lugares máis impensables.
infusión
8 Septembro 2013

Unha presentación recollida da Internet na que se amosan unha serie de obxectos de dudosa utilidade, pero curiosos e imaxinativos.

aula
8 Septembro 2013

Achegamos aquí unha selección de respostas erradas en exames ou outro tipo de actividades que resultan curiosas e ás veces simpáticas, aínda que producen a sensación de que se está a perder o tempo.

timbre
8 Septembro 2013

Unha mostra do emprego da linguaxe en carteis, anuncios, logotipos de camisetas... Para rir e reflexionar.

escaleira
8 Septembro 2013

Nesta presentación recollida da Internet podemos ver algúns exemplos de escaleiras curiosas e complicadas e ás veces semellan imposibles.

tiburón
8 Septembro 2013

Achegamos aquí un curioso video sacado da Internet no que podemos ver o que fan algúns cos tiburóns.

volcán
28 Xuño 2013

Achegamos unha presentación da Internet que nos amosa unha selección de imaxes espectaculares realizadas por Yann Arthus-Bertrand.

tarpón
28 Xuño 2013

O tarpón ou sábalo real (Megalops atlanticus) é un peixe de gran tamaño moi apreciado para a pesca deportiva.

péndulos-ondas
1 Xuño 2013

Non ten ningún tipo de truco, Todo consiste en regular de forma gradual a lonxitude dos fíos dos que colga a bola. Un período (unha oscilación completa) depende da lonxitude, polo que a velocidade de oscilacion vai cambiando e producindo os efectos de ondas. Atrévete a montar un na casa. Só precisas varias bolas iguais, fíos e un soporte.

templo botellas
22 Maio 2013

Curioso exemplo de reutilización e paciencia.

xeiser
5 Maio 2013

Unha presentación atopada na Internet que nos amosa algúnhas cousas curiosas que se producen de forma natural ou pola acción humana.

enxeño na rúa
5 Maio 2013

Unha divertida presentación que nos amosa a infinita creatividade de algunhas persoas.

roque
5 Maio 2013
Unha viaxe divertida cos morcegos Roque e Raimundo para coñecer algúns bichos que viven no mar.
escuma1
10 Abril 2013

Este curioso fenómeno prodúcese no mar de forma esporádica e resulta moi espectacular.

Eu observeino na Guarda no 2000 e fixen as fotos que vos achego na presentación.

Noutros lugares, como podedes ver nas imaxes collidas da Internet (Nova gales do Sul, USA), resulta moito máis espectacular e a xente aproveita para divertirse.

Rata-mar
7 Abril 2013
Conto-presentación na que aparecen os aparellos e as especies de pesca.
batelco
24 Marzo 2013
Neste anuncio e na explicación de como se fixo podemos ver o que se pode facer cos novos medios dixitais para crear ilusións que parecen reais.
grafitti
10 Marzo 2013

Ideas xeniais de como aproveitar un detalle ou recuncho da rúa para crear unha escea fermosa, chamativa ou chocante.

Gilbert Legrand
3 Febreiro 2013
Un traballo de Gilbert Legrand collido da Internet. Para gozar coas ocurrencias dunha mente creativa. E aproveitar para repasar francés.
creativity
3 Febreiro 2013
Unha curiosa presentación collida da Internet na que podemos gozar coa imaxinación dalgunhas persoas e como aproveitan detalles das rúas para realizar representacións artísticas.
medicamentos antigos
12 Xaneiro 2013
Unha presentación que atopamos na Internet onde podemos ver curiosos remedios que se usaban hai anos e que hoxe nos resultarían tóxocos ou extranos.
morcego roque
12 Xaneiro 2013

O morcego Roque preséntanos aos seus parentes galegos e algunhas curiosidades do mundo dos morcegos.

Tecnology
11 Xaneiro 2013
Desde esta semana, o alumnado del IES Asorey comezou a disfrutar do Tecnopoly. Un xogo que pon a proba a cultura científica do alumnado, con preguntas "Leonardo", "Pioneiros" e "I+D+i".
bubela Roque
15 Decembro 2012

O morcego Roque é un persoaxe creado para achegar o coñecemento de distintos aspectos do mundo aos nenos e nenas do Colexio de Santomé.

trompetiñas
15 Decembro 2012

Achegamos unha presentación collidada Web onde podemos ver unha curiosa forma de detectar os avións antes de existir os radares.

ilusión
6 Septembro 2012

Un pouco de ximnasia para a mente. Para divertirnos e entrenar a capacidade de observación.

camiños increíbles
6 Septembro 2012

Buscando na Internet atópanse cousas boísimas. Esta presentación é un bo exemplo de curiosidades construtivas e adaptacións ao ambiente e ao terreo.

catro elementos
6 Septembro 2012

Este título está inspirado na idea dos gregos de que todo na Terra estaba formado por catro elementos, en referencia a estados da materia: sólido/terra, líquido/auga, gas/aire e plasma/lume.

maxia fotográfica
5 Xuño 2012

Unha presentación atopada na Internet na que podemos gozar coa imaxinación e habilidade de fotógrafos e deseñadores.

mans pintadas
2 Maio 2012
Unha bonita presentación sacada da Internet na que podemos gozar coa creatividade e o bo facer dalgunhas persoas.
ad mobil
2 Maio 2012

Na clase de tecnoloxía construímos coches empregando CDs, un rato de ordenador, unhas rodas, cables e unha pila. Cada equipo decorounos ao seu gusto e ao rematar fixemos carreiras.

arte mineral
5 Abril 2012

Presentamos aquí un traballo colectivo feito a partir de imaxes tomadas nas praias de Bascuas, Fontiñas, Magor e A lanzada.

mellor en grupo
5 Abril 2012

Enxeñosas creacións publicitarias en favor do transporte público.

click
5 Abril 2012

O impagable valor da oportunidade. Estar no momento xusto no lugar apropiado, ter a cámara á man e ser quen de premer o disparador no momento xusto.

Bascuas2
4 Abril 2012

Collemos o autobús ás 9:30 da mañán na entrada do instituto. As dúas clases de 2º B e C, entramos no bus e sentámonos cada un nun sitio cun compañeiro ou compañeira co que estaremos xuntos todo o rato atendendo, comendo, explorando, divertíndonos, sacando fotos…

luz
2 Marzo 2012

Estes días, no laboratorio de ciencias andivemos facendo “xogos” coa luz.

peido
1 Marzo 2012

Presentamos un interesante traballo interdisdiplinar (química, física, bioloxía, música e literatura) de escatoloxía, recollido da Internet, que nos achegou unha colaboradora ocasional.

lefortovo
3 Febreiro 2012

I

maxes grabadas polas cámaras de vixiancia do túnel de Lefortovo, en Rusia, o túnel urbán máis longo de Europa.

morcego-p
3 Febreiro 2012

Aproveitando que estamos no Ano Internacional dos Morcegos promoñémosvos facer unha silueta dun morcego para colgar do teito.

efecto bolboreta
4 Xaneiro 2012

Un traballo de tecnoloxía onde se aplican conceptos e principios da física á vez que se elaboran proxectos activos e divertidos.

t períodica-d
2 Decembro 2011

Aproveitando que remata o Ano Internacional da Química recollemos algunhas versións divertidas da Táboa periódica.

http://www.uv.es/~jaguilar/humor/tablaper.gif
trens
2 Novembro 2011

Dous irmáns xemelgos alemáns  Federico e Gerrit Braun montaron unha gran maqueta con trens en movemento. É a maqueta máis grande do mundo deste estilo na que se empregaron miles de kilogramos de aceiro e madeira.

foodscapes
4 Outubro 2011

Achegamos unha presentación recollida de Internet na que se pode apreciar un fermoso e orixinal traballo do fotógrafo inglés Carl Warner que fai montaxes de paisaxes empregando diferentes alimentos ás que lle chama foodscapes, palabra composta do inglés food (alimento) e landscape (paisaxe).

bricolaxe
5 Septembro 2011

Recollemos esta presentación da Internet porque nos parece curioso a maneira que ten moita xente de aproveitar o que ten á man para resolver problemas.

Árbore-bomba
5 Xullo 2011

Recollemos aquí unha presentación realizada por Nicolás R. a partir de imaxes de Heart Breaker. Unha serie de debuxos de distintos autores que nos poden facer reflexionar sobre o Cambio Climático.

xeoloxía nenos
6 Xuño 2011

Unha saída para aprender xogando, ao estilo de como fan en preescolar.

video
6 Xuño 2011

Achegamos un interesante video (Premio Médico de Animación) para que vexades de preto algúns dos sistemas de reparación do esqueleto humano.

cans
4 Maio 2011

Un curioso video. É de admirar a paciencia que teñen algunhas persoas para entrenar aos cans.

mecanismos
6 Abril 2011

Os alumnos de 2º e 3º da ESO estiveron traballando o bloque de mecanismos, cada un dentro da súa complexidade.

Ice Age
10 Marzo 2011

Unha orixinal versión sobre como a codia terrestre se dividiu en placas e como se formaron os continentes. Podes vela en

http://biertijd.com/mediaplayer/?itemid=25261

 

Deberes-1
9 Marzo 2011

Preguntamos a algúns profesores e recollemos exemplos de respostas que dan os alumnos e alumnas cando non fan os deberes.

Ano da Química
10 Febreiro 2011

Achegamos unha animación sacada de Internet que nos explica de forma moi simple a importancia da química na nosa vida diaria.

avión papel
8 Febreiro 2011

Quen non fixo algunha vez un avión de papel?.

Fuensanta Bugallo
4 Xaneiro 2011

Achegamos un conto feito pola nosa compañeira Fuensanta Buceta Bugallo cando estaba en 6º de Primaria e reproducimos a entrevista que lle fixo Cristina Barreiro na data da súa publicación, en 2007.

Reis Magos-contas
4 Xaneiro 2011

Un problema de Matemáticas/Física-Química sobre a posibilidade de que os tres Reis Magos den repartido todos os seus agasallos polo mundo nunha noite.

trompos e buxainas
3 Decembro 2010

Pode xogar un só, por diversión, ou con outros. Faise nun terreo duro de terra, xeralmente nun camiño. É un xogo típico de utono que actualmente está en desuso.

Distribuir contido