Clima

divulgameteo
28 Marzo 2016

Esta páxina ten seccións como o cambio climático, pinacoteca meteorolóxica, aula aberta (temas varios), novas…

http://www.divulgameteo.es/index.html

Vaca mochileira
3 Xaneiro 2016

Así é, as vacas, como todos os herbívoros, son grandes productoras de metano. Iso débese a que no proceso polo cal a vaca dixire e aproveita os nutrientes contidos no forraxe créanse varios gases no interior dos intestinos do animal, entre eles o metano, que logo expulsa á atmosfera en forma de flatulencias.

logo COP Paris 2015
3 Xaneiro 2016

Á urxencia de alcanzar acordos e compromisos en relación á redución das emisións e da invulnerabilidade ao cambio climático trataron de facerlle fronte, dende o 30 de novembro ata o 11 de decembro na COP21, na 21ª reunión do Convenio Marco de Nacións Unidas Sobre o Cambio Climático (CMNUCC), celebrada na capital francesa.

raios
6 Novembro 2015
Unha presentación recollida da Internet que nos amosa imaxes espectaculares de tormentas eléctricas.
Seca
11 Abril 2015

El niño, cuxo nome científico é Oscilación del Sur El Niño, é un fenómeno meteorolóxico bastante imprevisible que produce unha inversión da situación normal da zona do pacífico ecuatorial debido ó debilitamento dos ventos alisios, que fai que a masa de auga quente das proximidades de Australia chegue á costa de Sudamérica.  

El Niño
11 Marzo 2015

Investigadores de China, Australia, EE UU, Reino Unido, Francia e Perú  profundizáronse en determinar o efecto do cambio climático nos eventos máis extremos como os efectos da Niña ou Niño, que  son dados na fase cálida ou fría  no fenómeno océano-atmosfera a gran escala, referido ao calentamento inusual do mar  na costa oeste de Sudamérica, que pode producir grandes  chuvias nesta rexión normalmente seca.

Día da marmota
28 Xaneiro 2015

O día da Marmota é un método tradicional usado polos granxeiros, especialmente en Estados Unidos e en Canadá, para predecir a fin do inverno, baseado no comportamento deste animal cando sae de hibernar o 2 de febreiro.

bolboreta
28 Xaneiro 2015

Durante as últimas décadas estase a producir un cambio climático acelerado que, aínda que é un fenómeno de causas complexas, está causado en boa medida pola emisión á atmosfera de grandes cantidades de CO2 e outros gases de efecto invernadoiro.

temperaturas altas
28 Xaneiro 2015

O ano que acabamos de deixar atrás culminou coroándose como o ano máis cálido desde que se comezaron a tomar rexistros das temperaturas en 1880.

11 Xaneiro 2015

Segundo din, nuncha chove a gusto de todos, pero sen lugar a dúbidas, a chuvia é o principal aporte de auga doce para os seres vivos. Ademais, sen ela a paisaxe galega non sería a mesma, nen os nosos ríos tan abundantes e caudalosos.

Para saber máis, aquí tendes esta presentación.

11 Xaneiro 2015

Se ben son descoñecidos no noso continente, un dos maiores temores dos cidadáns de gran parte de Norteamérica son os tornados, enormes remuíños de aire que poden levarse por diante casas, vehículos e calquera obxecto ao seu paso. En contra do que podería parecer, non causan un gran número de vítimas humanas, pero sí moitos danos materiais e grandes perdas económicas.

Para coñecer máis sobre os tornados aquí tendes esta presentación.

11 Xaneiro 2015

En Galicia raro é o día no que se levantamos a cabeza cara o ceo non constatamos a presenza das nubes. En contra do que moitos pensan, non están formadas por vapor de auga, senón por minúsculas pingas de auga líquida ou cristais de xeo suspendidos no aire. Poden situarse a diferentes alturas e adoptar diferentes formas.

Se queredes saber máis sobre as nubes ollade esta presentación:

11 Xaneiro 2015

A sarabia e un dos fenómenos meteorolóxicos máis comúns pero que poden causar maiores danos materiais e, sobre todo, nos cultivos agrícolas. E unha precipitación sólida que se producen en nubes de tipo cumulonimbos en situación de tormentas. Varios aspectos interesantes deste meteoro descríbense na seguinte presentación.

cumio Lima
27 Decembro 2014

Mentres en Filipinas o terceiro tifón consecutivo despraza un millón de persoas, as negociacións no Vixésimo Cumio da ONU sobre Cambio Climático (COP20 polas súas siglas en inglés) avanzan con lentitude e «moderado» optimismo na redución de emisións.

Futuro do planeta
6 Decembro 2014

 

O último informe presentado polo Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC), indica que o fenómeno do cambio climático está influído de maneira determinante  pola acción dos humanos.

Hortensia Meteosat
7 Outubro 2014

Ata a chegada do Klaus, en 2009, o Hortensia era o ciclón recordado con máis temor na nosa zona polas catástrofes que causou no seu momento.

arco da vella
3 Outubro 2014

O arco da vella é un fenómeno meteorolóxico de cores que se forma cando o sol atravesa unha capa de chuvia.

primavera
31 Maio 2014

Ultimamente podemos comprobar que os días de calor, ademais de ser moi escasos,  veñen acompañados de días de moito frío  que incluso en ocasións chegan a conxelar os cables da electricidade.  Isto ven ocorrendo dende hai uns anos, a partir de mediados de febreiro.

tornado
19 Maio 2014

O  tornado é un dos fenómenos meteorolóxicos de máis risco. Trátase dun gran funil de aire que xira a moita velocidade, os seus ventos poden acadar os 400 Km/h. 

torre dos ventos
19 Maio 2014

Desde tempos antigos as distintas culturas atribuíron a deuses e outros seres mitolóxicos a orixe dos ventos e outros fenómenos relacionados co tempo. Neste traballo recollemos información sobre algúns deles.

nube
20 Abril 2014

Nesta presentación recollemos informacións sobre algúns dos récords relacionados coa atmosfera.

solpor-Cambados
20 Abril 2014

O aire que nos rodea está en constante cambio. Ao logo do día cambia de cor, de transparencia, de luminosidade de temperatura, de presión ou grao de humidade.

onda-porto
2 Abril 2014

Imaxes das ondas producidas polas sucesivas cicloxéneses que bateron as costas de Europa Occidental.

Achegamos una presentación recollida da Internet con espectaculares fotos da costa entre Portugal e Gran Bretaña neste inverno.

Oymyakon
1 Abril 2014

Como despedida do inverno e vacina contra as queixas polo mal tempo que fai a longo desa estación, xuntamos una mostra de que a cousa aínda pode ser peor, pero tamén de que en calquera tempo e situación hai motivo para a vida e o goce.

aire-exp
29 Marzo 2014

O outro día fomos ao laboratorio un grupo de rapazas de 1º de ESO B para investigar, mediante experimentos, a presión atmosférica, que é a forza que exerce o aire sobre a superficie terrestre.

mapa cambio clima 2
6 Febreiro 2014

Así é, coas novas tecnoloxías a NASA fixo un vídeo no que se mostra o avance do cambio climático durante os últimos sesenta anos, pero a cámara rápida, polo que causa unha impresión máis impactante. Nel conseguen ilustrar de maneira rápida e sinxela as causas do efecto invernadoiro.

Niágara-2014
30 Xaneiro 2014

A peor vaga de frío en décadas estendeuse polos Estados Unidos e parte do Canadá a comezos deste ano, facendo baixar, nalgunhas cidades do centro a -30o as temperaturas.

Cumio Clima Varsovia
7 Xaneiro 2014

O 11 de novembro comezou o décimo noveno cume da ONU sobre o clima en Varsovia, inicialmente estaba prevista ata o 22 de novembro.

Imaxe satélite tifón Haiyan
16 Novembro 2013

Filipinas atópase en estado de emerxencia por culpa do tifón Haiyan. As autoridades filipinas traballan para facer chegar axuda humanitaria aos afectados por este tifón, que devastou a súa rexión central e deixou unha gran cantidade de falecidos.

Brachiaria1
4 Novembro 2013

O nitróxeno é un gas que se aplica ao solo como fertilizante, converténdoo en óxido nitroso. Este gas de efecto invernadoiro é o máis potente e agresivo, cun potencial de quentamento global 300 veces maior que o do CO2, e que constitúe o 38% de todas as emisións de gases efecto invernadoiro na agricultura.

glaciar Noruega-1
28 Xuño 2013

Os glaciares está a ser un foco de atención nos últimos tempos polo seu importante papel como indicadores do cambio climático.

Laki
2 Xuño 2013

O seis de xuño cúmplense 130 anos da erupción do volcán Laki, en Islandia, considerada como unha das maiores catástrofes ambientais da historia europea que afectou ao clima de todo o continente europeo.

glaciar Noruega
5 Maio 2013

Os glaciares son enormes masas de xeo que se desprazan polas zonas en pendente.

andoriñas
4 Maio 2013

A andoriña é unha ave insectívora e pequena, duns 19 cm, que se atopa en África, Europa, Asia e América. 

Cinta transportadora oceánica
7 Abril 2013

As correntes oceánicas son fluxos lineais de auga salgada que contan con escasos metros de profundidade e un ancho moi variable xa que abarca varios centenares de metros. Están orixinadas por diferenzas de temperatura e salinidade, que determinan a densidade, entre dúas masas de auga.

pH océanos
7 Abril 2013

O cambio climático é algo que está á orde do día. O aumento da temperatura terrestre debido a unha elevada cantidade de CO2 cara á atmosfera provoca consecuencias que xa se coñecen na actualidade e moitas outras aínda por investigar.

Chaising ice
24 Marzo 2013

Casualmente chegou a nós un video sobre esta película documental que trata do tema do cambio climático combinando o enfoque científico e artístico.

ventos
23 Marzo 2013

EOLO

Era un fillo de Poseidón a quen Zeus lle deu o poder de controlar os ventos.

arenques
2 Febreiro 2013

Os impactos do cambio climático no océano Ártico están provocando unha gran migración de peixes cara ás latitudes máis altas, segundo os científicos que intentan contestar á pregunta de «que especies mariñas colonizarán o océano cando este se quede sen xeo».

pinga
Xea
1 Febreiro 2013

A chuvia reparte pola terra a auga que o sol e o vento sacan do mar transportada nas nubes.

cambio climático
1 Febreiro 2013

Xa chegou o quentamento global. Este feito era inminente dende hai  anos, pois contamos con gran cantidade de datos que mostran o ascenso da temperatura e unha gran frecuencia  de evidencias dos terribles danos que causa para o planeta tal como o coñecemos de experiencias vividas.

Xavier Lavandeira
28 Xaneiro 2013

Xavier Labandeira é un economista e investigador vigués. Na actualidade é catedrático no Departamento de Economía da Universidade de Vigo e pertence, ademais, a Rede, un grupo de investigación no ámbito da enerxía e medioambiente.

Juan Pablo Montero
12 Xaneiro 2013

Juan Pablo Montero é un economista chileno é profesor na PUC (Universidade Pontificia de Chile) e investigador para o MIT (Massachusetts Institute of Technology), e ten unha ampla formación académica nos Estados Unidos. 

albariño
1 Xaneiro 2013

O pasado ano 2012 a produción de albariño foi particularmente escasa, e os viticultores ao comezar a vendimar comprobaron que aínda era máis escasa do que eles pensaban.

Cumio Doha
15 Decembro 2012

O Cumio sobre o Cambio Climático celebrado en Doha, Qatar, a principios do mes de decembro veu cargada de numerosas polémicas debido á pouca implicación de moitos países desenvolvidos a acatar e tratar de reducir as emisións contaminantes freando ,como consecuencia, o cambio climático.

mamut Granada
6 Xuño 2012

Nunha turbeira de Granada atopáronse tres mamuts lanudos en 1983.

Maio (2012)
6 Xuño 2012

A nosa cultura popular ten gran cantidade de refráns para todo tipo de situacións. Para o tempo que houbo esta primavera hai un moi acaído: “marzo maieiro, maio marceiro”, ou “cando marzo maiea, maio marcea”.

mapa tempo
5 Xuño 2012

A pesares de que xa cremos coñecer de todos os temas relacionados co cambio climático, e de que, en certa medida, xa non nos preocupa nin nos afecta coma antes, o certo é que cada día se coñecen novas que non son demasiado esperanzadoras.

marea vermella1
5 Xuño 2012

O fitoplancto das Rías está formado por diatomeas e por dinoflaxelados.

Cryosat
5 Xuño 2012

As variacións no grosor da capa de xeo ártico nunca se viron reflectidas nun mapa con tanta precisión.

océanos
3 Maio 2012

Unha gran parte do dióxido de carbono que emitimos os seres humanos disólvese na auga dos mares e dos océanos.

glaciar Upsala
5 Abril 2012

O glaciar Upsala é o segundo glaciar máis longo do Hemisferio Sur, detrás do glaciar Pío XI. Forma parte da área de xeos continentais e glaciares da Patagonia declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1981.

Moi frío, moi seco
4 Abril 2012

Este pasado mes de febreiro fixo frío, si, de seguro que todos o notamos, pero cómpre sinalar que foi, de feito, o febreiro máis frío dende 1956.

frío
2 Marzo 2012

Os últimos días de xaneiro e as primeiras semanas de febreiro Europa e parte de España estiveron sometidas a unha forte vaga de frío polar que ocasionou temperaturas moi baixas, 480 mortos e importantes danos.

seca
2 Marzo 2012

Despois de que, en numerosos puntos da Península se acaden cifras de 44 días consecutivos sen chover, a Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET), comunicou, que este está a ser o inverno máis seco dende os anos 40.

bolas de neve
3 Febreiro 2012

Unha presentacion recollida da Internet onde podemos observar curiosos fenómenos que se producen coa neve.

nubes
2 Febreiro 2012

As nubes forman parte da paisaxe, unhas veces énchena de cor e outras escurecen o ceo e semella que nos van cair enriba. O coñecemento das nubes axuda a predecir o tempo.

xeo
4 Xaneiro 2012

Todas as estacións do ano teñen o seu encanto e a natureza ofrécenos espectáculos moi variado de fomas, luces e cores.

afloramentos
2 Decembro 2011

Seguramente todos nós escoitamos algunha vez comentarios sobre a molestia do vento, ou o fría que está a auga nas nosas praias.

marea
2 Novembro 2011

De seguir a dinámica de ascenso global das temperaturas en todo o planeta como consecuencia da utilización dos combustibles fósiles, pronto comezaremos a sufrir directamente os negativos efectos.

desxeo
4 Outubro 2011

O desxeo é a fusión das neves e dos glaciares como consecuencia do aumento da temperatura na primavera.

xeada
5 Septembro 2011

Unha imaxes recollidas en China despois dunha gran xeada. Para refrescar estes meses de calor.

Kilimanjaro
5 Xullo 2011

O Kilimayaro é o cume máis elevado de África, unha montaña formada por tres volcáns inactivos. A súa cima está cuberta de glaciares que nos últimos anos está sufrindo unha importante regresión, unha mostra máis do Cambio Climático producido polo quecemento global do planeta debido ao efecto invernadoiro.

climántica
4 Maio 2011

Coñécese como cambio climático ás variacións das condicións ambientais, un conxunto de cambios que poden ser producidos por fenómenos naturais ou pola acción humana.

deforestación1
4 Maio 2011

A deforestación é a destrucción masiva dos bosques pola acción humana.

abril-2011
6 Abril 2011

Unha masa de aire cálido e seco procedente do norte de África entrou nestes días en Galicia e elevou as temperaturas.

paneis solares térmicos
10 Marzo 2011

Visitamos a casa de Begoña e Gonzalo, unha parella que vive en San Vicente do Grove, nunha casa unifamiliar de 90 m2. Unha casa antiga, de pedra, que reformaron hai dez anos. A finais do ano 2007, decidiron investir  en enerxías renovables porque lles parecía unha boa opción.

A Lanzada
10 Marzo 2011

O cambio climático que está a experimentar a Terra non é o primeiro nin será o último; a gran diferenza e que o actual está producido pola actividade humana.

Sarmiento de Gamboa
10 Marzo 2011

O buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa  partiu, o pasado 22 de xaneiro do porto de Vigo, en dirección as Palmas de Gran Canaria. Polo camiño irán preparando o equipo tecnolóxico para realizar a segunda parte da maior expedición oceanográfica da historia de España.

est meteorolóxica
3 Marzo 2011

Na actualidade o IES Francisco Asorey conta nas súas instalación con dúas estacións meteorolóxicas, unha dixital e outra manual, que cumpren os estándares para homologar os datos obtidos nas mesmas.

anos cálidos
3 Febreiro 2011

O 2010 corvetiuse, xunto co 2005, no ano máis cálido da historia, polo menos desde que se teñen rexistros oficiais das temperaturas (comezouse en 1880).

glaciar Ameghino
3 Xaneiro 2011

Un glaciar Arxentino situado no Parque dos Glaciares da provincia de Santa Cruz é unha nova evidencia de que as cousas están cambiando a causa do quecemento global do planeta.

Lola
3 Xaneiro 2011

Cando escoitamos falar de cambio climático, de súpeto, a nosa mente alértanos de que estamos ante un concepto coñecido, ante un termo que rapidamente asociamos ao principal problema medioambiental que está a padecer o planeta Terra.

peixe ballesta
3 Decembro 2010

O noso clima está cambiando e un exemplo máis é o que sucede co peixe porco ou peixe “ballesta”, unha especie característica de augas máis cálidas que antes so se vía de forma moi puntual e que nos últimos anos foi colonizando os nosos mares, pasando a se converter nunha especie comercial máis.

Distribuir contido