Sobre nos
Esta publicación nace como un proxecto interdisciplinar dirixido desde os departamentos de ciencias coa intención de que teña continuidade e unha periodicidade, polo menos mensual.
Escollemos o nome Buxaina por ser este un elemento que ten que ver coa ciencia (a física do movemento, a acción) e coa tradición (un xogo que aínda pervive no noso entorno, aínda que cada vez máis escaso).
Queremos que revista responda a un criterio científico de busca de información, investigación, sentido crítico, capacidade para comunicar, pero tamén que se entronque na realidade cotián do noso alumnado. Queremos tamén, como o seu nome indica, que sexa activa, que amose as inquedanzas do profesorado e o alumnado e que se meta nas casas a través das pantallas dos ordenadores.
Pero, tamén, e non menos importante, queremos que sexa un compromiso permanente coa nosa lingua, o medio ambiente a a sostenibilidade.
O traballo de coordinación correrá a cargo do equipo de profesores e profesoras de Ciencias e na edición participará tamén o alumnado.
Estamos abertos a todo tipo de colaboracións de alumnado e profesorado e outras persoas que o desexen.
Dereitos de Uso sobre os Contidos de A Buxaina
![]() |
A Buxaina , o Xornal dixital do IES Francisco Asorey, atópase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported. Baseada nunha obra en abuxaina.com |