Xornadas de Electricidade e Electrónica no Asorey

4 Outubro 2014
Electrónica Asorey-2014

Os días  9 e 10 de setembro no IES Francisco Asorey, con motivo dunha xornadas sobre de electricidade e electrónica, os profesores deste e de outros centros da Galiza, ocuparon os pupitres, colleron os bolígrafos e os cadernos, para tomar un pouco da súa medicina: Tomar apuntamentos e preparar algún exame que debían aprobar.... sen copiar. Estas Xornadas tiñan como obxectivo actualizar os coñecementos técnicos sobre novas tecnoloxías e compartir experiencias pedagóxicas entre os asistentes. ,

As xornadas, que se puideron celebrar grazas á colaboración de distintas empresas do sector, como Televés, Retegal, Ainse e Bricolabs, que proporcionaron os poñentes e material técnico, como por exemplo a unidade móbil de retransmisión que Televés puxo a disposición dos asistentes para diversas experiencias. As xornadas  tiñan unha estrutura dual con conferencias, ás que ían todos os asistentes, e diversos obradoiros onde presenciaron o funcionamento dunha impresora 3D, ou videorockola sobre a reprodución de vídeos musicais. Pero non todo foi aprender, senón que para rematar ás xornadas os asistente tiveron unha marabillosa comida de confraternidade na cafetería do centro. A verdade é que os comentarios entre os asistentes foi o alto nivel das experiencias compartidas e o ambiente que se creou nas mesmas. De feito falan de organizar outras o ano que ven. Pero iso xa é outra historia.

Xornadas Electrónica Asorey-2014
Cartel xornadas electrónica