Un xerador de correntes mariñas en Meloxo
No mes de setembro foi ancorado un prototipo de xenerador en Meloxo, para producir enerxía eléctrica a partir de correntes mariñas. Este prototipo será agora trasladado a un novo emprazamento.
A empresa que leva a cabo este proxecto, Resolve Enerxía, busca un novo lugar para probar o xenerador en outras correntes. Saben que será noutro punto da costa galega pero non onde exactamente.
A empresa explicou que aínda é moi pronto para ter unha análise dos resultados obtidos e que será necesario esperar entre un ano máis ou dous para obter resultados máis fiables. O que pretende esta empresa é verificar na práctica os resultados teóricos, pero haberá que esperar a que este prototipo sexa instalado en outros lugares para saber con exactitude os resultados.
Este prototipo é un dos moitos que se están construíndo para investigar novas posibilidades de aproveitamento da enerxía cinética sen ter que levantar custosas presas, diminuíndo os costes de impacto. Esta enerxía cinética, que ven causada polas correntes mariñas (producidas principalmente pola subida e baixada das mareas como resultado das interaccións gravitacionais entre a Terra, a Lúa e o Sol) pódese aproveitar na súa maior parte en forma de enerxía eléctrica que se pode conseguir mediante estes prototipos de xeneradores.