Xeoparque do Courel

Galicia espera o recoñecemiento por parte da UNESCO deste espazo natural
6 Abril 2019

O Courel está a espera de ser recoñecido pola Unesco como o primeiro Xeoparque do noroeste de España, e compartir o recoñecemento cos demais xeoparques españois, entre outros: o Xeoparque de El Hierro, nas Illas Canarias ou o Parque Natural de Cabo de Gata-Níjar, en Andalucía.

Un xeoparque defínese por ser un territorio que contén un patrimonio xeolóxico singular. Os diferentes recursos (xeolóxicos, mineralóxicos, paleontolóxicos...) característicos de cada xeoparque son empregados co fin de promover a educación en aspectos xeolóxicos e ambientais, asegurar o desenvolvemento do xeoturismo ou contribuír a protección de puntos xeolóxicos ameazados. Ademais de beneficiar a economía da zona.

Pregamento sinclinal de Campodola-Leixazos

A candidatura do xeoparque lugués comprende tres concellos (Ribas do Sil, Quiroga e Folgoso do Courel), situado na serra do Courel, pretende achegar á poboación a xeoloxía e reflexar a natureza e cultura de Galicia a través dos numerosos tesouros desta terra.

Recollénse un total de 90 xeositios de interese nesta área, nela pódense observar as formacións e oróxenos do Paleozoico e dos períodos do Terciario e Cuaternario.

 

Recreación pregamento Courel

Recreación do estado orixinal do pregamento

O xeoparque  inclúe diversos monumentos naturais paleontolóxicos, mineralóxicos, glaciarismo (por exemplo o val glacial de Seara, Viveiros) ou cavidades cársticas, pero sen dúbida algunha o monumento estrela é o pregamento de Campodola e Leixazós.

Este pregamento é considerado un dos puntos de maior interese xeolóxico de Europa, debido a súa antigüidade (500 millóns de anos, Devónico-Carbonífero). A estrutura tamén é coñecida co nome “O sinclinal do Courel”, por conter os estratos máis modernos no seu núcleo. 

O territorio das montañas luguesas conta co factor principal que é ter un importante contido xeolóxico, mais so falta acadar o apoio da poboación á iniciativa de xeoparque para asegurar a acreditación oficial por parte da UNESCO.

See video