Xeoloxía espectacular: illa Jeju

19 Abril 2014
illa Jeju

A illa Jeju, coñecida noutros tempos como illa Quelpart está situada en Corea do Sur.

É una illa volcánica dominada polo monte máis alto do país, o volcán do monte Halla, con 1.950 m de altitude. No interior do cráter hai un lago.

A illa formouse hai uns dous millóns de anos como consecuencia de erupcións volcánicas. Está composta sobre todo por basalto e lava. O clima é subtropical. Aproximadamente un 12% do territorio da illa está ocupado por un bosque virxe (Gotjawal) asentado sobre lava cunha ecoloxía única e que representa a principal fonte de auga subterránea para a illa, xa que a auga da chuvia penetra directamente nos acuíferos a través das fendas na lava. Este bosque acolle especies únicas.

Unha característica da cultura da illa son os harubáng (abós de pedra), esculturas feitas en bloques de lava.