Xeoloxía espectacular: fervenza Havasu
19 Abril 2014
Unha fervenza, que a pesar de non ser das máis grandes nin caudalosas, destaca pola súa cor e a paisaxe espectacular que a rodea.
O Gran Canón de Havasu está escavado polo río Havasu Creek, un afluente do río Colorado que se une a el no Gran Canón, no estado de Arizona (Estados Unidos).
A fervenza mide 37 m de altura e ten unha gran poza na base. Cae entre rochas calcárias (travertino) e debido ao alto contido en minerais da auga (especialmente carbonato cálcico) as caídas e a auga da poza teñen una característica cor azul-verdosa. As pozas cambian constantemente pola acumulación de minerais.
Fervenza Havasu from iesasorey