Xeoloxía de preescolar
Unha saída para aprender xogando, ao estilo de como fan en preescolar.
O grupo de segundo de ESO A fixemos unha saída ata a illa da Torre de San Sadurniño para realizar un traballo práctico no que aprendimos a describir unha paisaxe modificada pola acción do vento, da chuvia, do mar, dos seres vivos...
Vimos exemplos de rochas afectadas polos liques, de como o mar erosiona o terreo ou as rochas, da acción sedimentadora que realizan o mar, a chuvia e o vento... E, por suposto, o constante transporte que realiza o mar coa area.
Uns compañeiros imitaron a chuvia cunha regadeira e o curso dun río botando caldeiros de auga sobre unha morea de area e pedras. Formouse un pequeno río con varios brazos, fervenzas, pozas, rápidos e ata un delta na desembocadura.
Pasámolo ben e aprendimos moitas cousas.